Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT no concello de Baltar (expediente IN407A 2012/68-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Anastasio Bello Fuentes y otros, S.C.

Domicilio social: Vilamaior da Boullosa, s/n, 32632 Baltar.

Denominación: LMT e CT granxa avícola.

Situación: Baltar.

Características técnicas:

LMT aero-subterránea a 20 kV, de 30 m en aéreo e 165 m en subterráneo con condutor RHZ1, con orixe no apoio nº 85 do tramo Xinzo-Baltar 809 Os Blancos-Baltar 9, LMT, ao CT (32CJ15) e remate no CT aéreo proxectado Vilamaior da Boullosa, parcela 276 polígono 503, de 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 25.309,44 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 30 de abril de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense