Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (174/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Rosa María Espiñeira Gabín contra Grupo Empresarial Anmart, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento obxectivo individual 174/2013 se ditou resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de abril de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 174/2013, en que foi demandante Rosa María Espiñeira Gabín, representada pola letrada Sra. López Rey, e demandada a empresa Grupo Empresarial Anmart, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Rosa María Espiñeira Gabín contra a empresa Grupo Empresarial Anmart, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento de Rosa María Espiñeira Gabín e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 3.184,91 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 33,52 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento á traballadora da cantidade de 938,56 euros en concepto de indemnización, así como a cantidade de 7.914,92 euros en concepto de salarios e demais conceptos retributivos debidos.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Grupo Empresarial Anmart, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de maio de 2013

A secretaria xudicial