Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19580

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (4351/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4351/2010 desta Sección, seguido por instancia de Marcelo Falcones Robinson contra a empresa Construcciones Rutunel, S.L. e RMD Kwikform Ibérica, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa RMD Kwiform Ibérica, S.A. contra a sentenza do 14 de xuño de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Decrétase a perda do depósito constituído para recorrer e condénase a recorrente a que lle aboe á demandante a suma de 200 (douscentos) euros en concepto de honorarios do letrado impugnante do recurso.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto,
nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Construcciones Rutunel, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Celanova, nº 30, 3º andar (Barbadás), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás as que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de maio de 2013

A secretaria xudicial