Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19565

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (345/2012).

Patricia Cacheda Varela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 345/2012 seguido por instancia de Jesús Castro González e Felisa Castro González fronte a Andrea González Fraga ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada polo procurador Sr. Núñez Piñeiro, na representación que desempeña en autos de Jesús e Felisa Castro González, contra María Josefa Carrillo González (desistida) e Andrea González Fraga, en situación de rebeldía procesual, e declaro a extinción da situación de pro indiviso sobre os terreos descritos no feito primeiro e segundo do escrito de demanda –Torna ou Leira da Abaixo, Eiras, Torrentes ou O Prado, Chan de Fosa ou A Ribeira e Chousa da Xesta ou Ferveda–, a condición de indivisible dos devanditos terreos e que en sede de execución de sentenza se proceda á poxa, taxación pericial dos predios, venda e repartición do numerario resultante entre as partes en proporción ás súas respectivas participacións nos terreos, debendo estar e pasar a demandada Andrea González Fraga pola devandita declaración e condena, todo iso con imposición das custas procesuais á devandita demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación, con expresa mención ás partes que, con carácter previo á devandita impugnación, ao abeiro da disposición adicional décimo quinta da LOPX, deberán depositar a suma de 50 euros e as taxas previstas na Lei 10/2012, do 20 de novembro, modificada polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, na conta de depósitos e consignacións xudiciais do presente órgano xurisdicional.

Así o pronuncia, manda e asina, Carlos Gayo Lemos, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ordes».

E encontrándose a devandita demandada, Andrea González Fraga, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ordes, 26 de abril de 2013

A secretaria xudicial