Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19663

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle (631/24/2013).

O Pleno municipal, en sesión que tivo lugar o día 6 de maio de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela de equipamento, para a construción dunha escola infantil na parcela do CEIP Raquel Camacho (urbana C) de Agra del Orzán da Coruña.

Segundo. Ordenar a dilixencia do documento, así como o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigo 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificar o acordo de aprobación definitiva aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico e Oficina do SIX de Planeamento».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 21 de maio de 2013.

Este acordo pon fin á vía administrativa e pódese interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia ou, se é o caso, a súa notificación a quen decida o Pleno municipal, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

O estudo de detalle entrará en vigor aos quince días hábiles da publicación da normativa no Boletín Oficial da provincia (artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local).

A Coruña, 21 de maio de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo