Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación de cambio de uso de parcela municipal (631/29/2013).

O Pleno municipal, en sesión que tivo lugar o 6 de maio de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Cambiar o uso previsto no documento do Plan xeral para a parcela municipal segregada do CEIP Raquel Camacho, asignando un uso de equipamento público educativo – asistencial ED+AS (Pb).

Segundo. Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestuturas e aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico, así como á Oficina do SIX de Planeamento.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 21 de maio de 2013.

Este acordo pon fin á vía administrativa e pódese interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia ou, se é o caso, a súa notificación a quen decida o Pleno municipal, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A Coruña, 21 de mayo de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo