Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (260/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 260/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Sesar Segade contra as empresas Grialibros, S.L., Aula Noroeste, S.L., Abraxas Aula 25, S.L, Grace Antonia Nouel Brache, Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A. e Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Marta Sesar Segade e, en consecuencia, condeno solidariamente a Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouche Brache a aboar á demandante a cantidade de 4.354,47 euros máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Condeno a administración concursal de Grialibros e o Fogasa a se ater a estar resolución e, no caso do Fogasa, de conformidade co previsto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Absolvo a Abraxas Aula 25, S.L., a Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A. e a entidade Aula Noroeste, S.L., dos pronunciamentos de condena contidos na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se deberá interpor no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Sálvora Areito, S.A. e Comercial Ara, S.A., insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

A secretaria xudicial