Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19969

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2013/14.

A Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regula o acceso e admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013 (DOG do 25 de marzo), establece o proceso de admisión para quen non reúna os requisitos académicos establecidos con carácter xeral e para aquelas persoas que, reunindo os requisitos académicos, deben superar a proba específica definida na mesma orde, e autoriza a dirección xeral competente en materia de ensinanzas de réxime especial, na súa disposición derradeira primeira, para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento do previsto nesa orde.

Na súa virtude, esta dirección xeral resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2013/14 que se rexerán polas seguintes instrucións:

Primeiro. Modalidades de acceso

1. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio.

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos, e superar unha proba específica.

b) Os aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos, e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica.

c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas deportivas.

2. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica.

b) Os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberán ter feitos os dezanove anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica.

c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou pola proba de madureza de acceso ao grao superior de ensinanzas deportivas.

Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberá facerse dentro do ano natural de realización da proba.

Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, ben que no momento de formalizar a matrícula no prazo extraordinario, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida.

3. Acceso directo.

3.1. Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño:

a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.

b) Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes.

3.2. Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior de ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.

3.3. Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

a) Título de bacharel, modalidade de Artes, ou de bacharelato experimental.

b) Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

c) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.

d) Licenciatura en Belas Artes.

e) Arquitectura.

f) Enxeñaría técnica en Deseño Industrial.

3.4. Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, achegando a seguinte documentación:

– Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.

Segundo. Inscrición para o acceso e admisión

1. A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño no prazo comprendido desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 20 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o 24 de xullo para os ciclos de grao medio. Para tal fin, as escolas de arte e superiores de deseño deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a seguinte información:

a) Normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) Prazas que oferten nos diferentes ciclos que teñan autorizados.

c) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.

d) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

2. Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de arte e superiores de deseño onde se impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas os modelos que se xuntan como anexos I e II a esta resolución. Unha vez cubertas, entregarase unha única instancia na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

– Título de ESO ou bacharel, ou certificación académica en que figure que realizou o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións de ESO ou de bacharelato, ou ben o certificado de estudos no que figuren as cualificacións das diferentes materias cursadas e que realizou o depósito do correspondente título.

– Certificado da proba de acceso ao ciclo formativo, se for o caso.

– Certificado da proba de madureza de ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou ensinanzas deportivas, se for o caso.

3. As persoas solicitantes da exención prevista no punto 5 do artigo 5 da Orde do 25 de xuño de 2007 xuntarán o certificado de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos onde conste a opción efectuada e a puntuación obtida. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.

4. As persoas que aleguen experiencia laboral xuntarán o documento acreditativo emitido pola empresa correspondente.

5. Os aspirantes que deban realizar a proba de madureza farano constar no punto correspondente da inscrición. No caso de non superar esta proba, non serán admitidos na proba específica.

6. Os aspirantes que estean pendentes da avaliación do proxecto final para a obtención dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico 2012/13, e en consecuencia, non dispoñan do título de técnico superior antes de finalizar o prazo de inscrición, poderán igualmente formalizar a súa inscrición para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Deseño, debendo presentar a certificación de ter solicitado o devandito título para a formalización da matrícula no prazo ordinario establecido.

7. As escolas de arte e superiores de deseño onde se realice a inscrición remitirán o día 20 de xuño á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través de correo electrónico, a relación provisional de persoas inscritas para o acceso e admisión aos ciclos formativos de grao superior, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, así como as probas que deban superar e ciclos formativos da mesma familia profesional que se oferten na Comunidade Autónoma de Galicia a que opten, ordenados segundo a preferencia do aspirante, se for o caso, e escolas de arte e superiores de deseño de Galicia en que desexa cursar os seus estudos, ordenadas segundo a preferencia manifestada pola persoa aspirante, e expoñerán a dita relación provisional nos seus taboleiros de anuncios e nas súas páxinas web ese mesmo día.

8. Os aspirantes que detecten erros ou exclusións nas listaxes provisionais de admitidos ao acceso e admisión a ciclos formativos de grao superior, poderán presentar por escrito a correspondente reclamación na escola onde se inscribiron, durante o día 21 de xuño.

Resoltas as reclamacións presentadas, as escolas publicarán nos seus taboleiros de anuncios e nas súas páxinas web a relación definitiva de admitidos ao acceso a ciclos formativos de grao superior, e remitirán por correo electrónico a dita relación á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o día 25 de xuño.

9. A relación definitiva de persoas inscritas será exposta no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es, o día 25 de xuño.

Terceiro. Desenvolvemento das probas

a) Probas de acceso ao grao medio.

1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao medio realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribiran os alumnos e alumnas nos días e nas horas que se indican a continuación:

1.1. Proba de madureza: 3 de setembro.

• Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.

Versará sobre as seguintes materias: lingua galega, lingua castelá, área científico-tecnolóxica e área sociocultural. O alumnado seleccionará tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para responder ás cuestións de cada materia será de sesenta minutos.

• Segunda parte: das 16.30 ás 19.30 horas.

Versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual.

1.2. Proba específica: 6 de setembro.

A proba específica realizarase de acordo co establecido no anexo IV desta resolución e terá lugar en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño, nas horas que se indican a continuación:

Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.

Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.

Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

b) Ciclos de grao superior.

1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela, nos días e horas que se indican a continuación:

1.1. Proba de madureza: 26 de xuño.

A proba de madureza realizarase de acordo co establecido no anexo III desta resolución e nas horas que se indican a continuación:

• Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.

Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Historia da Filosofía, Filosofía e Cidadanía, e Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

O alumnado seleccionará tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a realización desta proba será de tres horas.

• Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas.

Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte.

1.2. Proba específica para todas as familias profesionais: día 8 de xullo.

A proba específica realizarase segundo figura no anexo IV desta resolución e nas horas que se indican a continuación:

Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.

Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.

Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

2. Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Cuarto. Tribunais das probas

Os tribunais tomarán como criterios de avaliación os que se indican no anexos III e IV desta resolución.

a) Grao medio.

1. Para a administración das probas de grao medio constituirase nun tribunal avaliador en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño en que se imparta algún ciclo formativo de grao medio, coa composición que figura no anexo V desta resolución.

O tribunal avaliador de cada escola de arte e superior de deseño é o órgano competente para resolver sobre a admisión do alumnado. Nos centros públicos, a dirección será a responsable do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado e correspóndelle á xunta de escola garantir o seu cumprimento. Nos centros autorizados de arte, as persoas titulares serán as responsables do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado e correspóndelle ao consello escolar garantir o seu cumprimento.

2. Unha vez concluído o proceso de admisión, cada comisión avaliadora publicará, o día 9 de setembro, a listaxe de aspirantes admitidos e non admitidos, en orde decrecente segundo a puntuación asignada. Contra a resolución das comisións avaliadoras os aspirantes poderán presentar reclamacións segundo se establece no punto sexto desta resolución.

b) Grao superior.

1. Para a administración das probas de grao superior constituirase unha comisión avaliadora coa composición que figura no anexo V desta resolución.

2. Unha vez concluídas as probas de madureza, e antes do 1 de xullo, as comisións avaliadoras publicarán na páxina web e no taboleiro de anuncios da escola onde se realizase a proba, a listaxe de aspirantes, con expresión da cualificación obtida, presentados e non presentados, ordenados por puntuación e en orde decrecente. Os aspirantes poderán formular reclamacións contra as cualificacións obtidas ou solicitar emendas dos erros observados, mediante escrito presentado na secretaría da escola onde se realizase a proba durante os días 2 e 3 de xullo. As comisións avaliadoras resolverán o que proceda o día 4 de xullo, e publicaran as listaxes definitivas nos taboleiros de anuncios e na páxina web da escola onde se realizase a proba; así mesmo, remitirán estas mesmas listaxes á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a súa publicación no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o día 4 de xullo.

3. Unha vez concluído o proceso de cualificación das probas específicas, as comisións avaliadoras publicarán a listaxe de aspirantes con expresión da cualificación final obtida en cada ciclo formativo, o día 12 de xullo, e remitirán o mesmo día esta mesma listaxe á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a súa publicación no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o día 12 de xullo.

Os aspirantes poderán presentar por escrito na secretaría da escola onde se realizase a proba reclamación contra das cualificacións obtidas ou solicitar emenda dos erros observados durante os días 15 e 16 de xullo.

As comisións de avaliación resolverán o que proceda en relación coas reclamacións presentadas o día 17 de xullo, exporán as listaxes definitivas no taboleiro de anuncios e na páxina web da escola onde se realizase a proba, e remitirán por correo electrónico as mesmas listaxes á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

As listaxes definitivas de cualificación serán expostas no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o día 17 de xullo.

Quinto. Distribución da oferta e criterios para a asignación de prazas

Para a distribución da oferta de prazas en cada ciclo formativo e a prelación na asignación das prazas ofertadas observarase disposto na Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

1. No caso de aspirantes que aleguen para o acceso a posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño, a cualificación media do seu expediente académico calcularase segundo se dispón no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de setembro). No resto dos casos, a cualificación media do expediente calcularase como a media aritmética das cualificacións obtidas nas diferentes materias dos estudos alegados para o acceso ao ciclo formativo, expresada con dous decimais.

2. Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder aos ciclos formativos aplicaranse as seguintes equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias, caso en que serán as que se teñan en conta:

– Suficiente/aprobado: 5,5.

– Ben: 6,5.

– Notable: 7,5.

– Sobresaliente/Matrícula de honra: 9,0.

O resultado de aplicar a táboa de equivalencias indicada expresarase coa media aritmética das diferentes materias que integran os cursos dos respectivos plans de estudo, con dúas cifras decimais. Para determinar a media do expediente académico non se considerarán as materias ou áreas que o alumnado teña validadas ou das que estivese exento.

3. Na determinación da cualificación final da proba de acceso non se terá en conta a parte desta da que o aspirante estea exento.

4. Unha vez aplicados os criterios establecidos para a adxudicación das prazas ofertadas, de haber empate entre dous ou máis aspirantes, a asignación da praza farase mediante sorteo público.

5. En cada escola de arte e superior de deseño ofertaranse as prazas dispoñibles para cada módulo solto da oferta modular das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. As condicións, criterios e probas de acceso serán as mesmas que as reguladas para os ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, segundo o establecido nesta resolución. No caso de quedaren prazas vacantes unha vez resolto o proceso de admisión, as ditas vacantes poderán ser ofertadas ao alumnado que non curse ensinanzas regradas. Neste caso as prazas cubriranse por estrita orde de chegada da súa inscrición. Este alumnado poderá obter unha certificación das capacidades acadadas.

Sexto. Reclamacións e recursos

1. Os acordos e decisións sobre a admisión do alumnado realizados polas comisións avaliadoras poderán ser obxecto de reclamación, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous días hábiles. Estes órganos deberán resolver as reclamacións no prazo dun día hábil.

2. Contra as resolucións das reclamacións emitidas polas comisións avaliadoras, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada nos termos que figuran no artigo 16 da Orde do 25 de xuño de 2007.

Sétimo. Matrícula e constitución de grupos de ciclos formativos.

1. Os aspirantes que obteñan praza, asignada por resolución das comisións avaliadoras, deberán formalizar a súa matrícula entre os seguintes días:

– Grao medio: do 10 ao 13 de setembro, ambos os dous incluídos.

– Grao superior: do 17 ao 24 de xullo, ambos os dous incluídos.

– Unha vez rematado este prazo ordinario de matrícula, as escolas remitirán por correo electrónico a relación de aspirantes matriculados á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o día 29 de xullo.

– A relación de prazas asignadas, prazas vacantes e listaxe de espera será publicada no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o día 30 de xullo.

2. Para a formalización das solicitudes de matrícula, as escolas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I e II a esta resolución. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría da escola, que se xuntará á documentación xa presentada. A non formalización de matrícula no prazo estipulado, salvo causas debidamente xustificadas, implicará a perda do dereito de acceder a estas ensinanzas no curso 2013/14.

3. Establécese un prazo extraordinario de matrícula do 9 ao 13 de setembro, ambos os dous incluídos, co obxecto de que os aspirantes que tivesen pendente de superar algunha das materias de bacharelato ou da ESO poidan acreditar a súa superación, no momento de formalizar a matrícula, e para a formalización da matrícula daqueles aspirantes en lista de espera aos cales se lles asigne praza.

4. Para a correcta asignación de prazas, as comisións avaliadoras terán en conta criterios de admisión establecidos na Orde do 25 de xuño de 2007, corrixida pola Orde do 15 de marzo de 2013.

5. Para cada ciclo formativo constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnos e alumnas por escola. O número de alumnos e alumnas de cada grupo dependerá das características pedagóxico-didácticas e das posibilidades das instalacións e medios de cada ciclo e escola en particular e non deberá superar en ningún caso os 30 alumnos e alumnas, non cuantificándose para estes efectos o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá autorización previa e expresa do departamento territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

6. A posta en marcha de cada ciclo formativo estará condicionada á existencia dun número mínimo de 10 alumnos e alumnas, non cuantificándose para estes efectos o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá autorización previa e expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO III

I. Proba de madureza dos ciclos formativos de grao medio das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

A proba de acceso constará de dúas partes:

• Primeira parte:

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos.

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria. Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.

• Segunda parte:

– Educación plástica e visual: realización, durante un tempo máximo de tres horas, dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

II. Proba de madureza dos ciclos formativos de grao superior das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

A proba de acceso constará de dúas partes:

• Primeira parte:

Versará sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato.

– Lingua Galega e Literatura.

– Lingua Castelá e Literatura.

– Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

– Historia de España.

– Filosofía e Cidadanía.

– Historia da Filosofía.

– Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

• Segunda parte:

– Historia da Arte.

ANEXO IV

I. Proba específica para o acceso a ciclos formativos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

a) Primeiro exercicio: proba escrita.

Desenvolvemento, nun tempo máximo dunha hora, dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización.

Realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

c) Terceiro exercicio: execución.

Execución durante un tempo máximo de dúas horas, cos bosquexos e debuxos realizados no exercicio segundo. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

II. Proba específica para acceso a ciclos formativos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

a) Primeiro exercicio: proba escrita.

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas.

Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización.

Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

c) Terceiro exercicio: execución.

Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, do xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo a que o alumno ou alumna aspira acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

ANEXO V
Composición para o acceso a ciclos das ensinanzas profesionais
de Artes Plásticas e Deseño

I. Comisión avaliadora das probas de acceso ás ensinanzas de grao medio na EASD Pablo Picasso, na Coruña.

Titulares

Suplentes

Presidente

Jorge M. A. Llorca Freire

Presidente

J. Ramón Fernández Sánchez

Vogal 1º

Clara Mª López Torres

Vogal 1º

Luís Teijeiro López

Vogal 2º

Javier Macho Eiras

Vogal 2º

Marta Mª Cousiño Gómez

Vogal 3º

Mª Lourdes Acera Olaso

Vogal 3º

Samuel Fernández Ignacio

Vogal 4º

Carlos Isla Fernández

Vogal 4º

Manuel Delgado-Gambino Rodríguez

II. Comisión avaliadora das probas de acceso ás ensinanzas de grao medio na EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

Titulares

Suplentes

Presidente

Severo Cebeiro Santiso

Presidente

Ángel Lázaro Sastre

Vogal 1º

Rosa Millares Parada

Vogal 1º

Eugenia Grande Rúa

Vogal 2º

Óscar Aldonza Torres

Vogal 2º

Isabel Cobreiro Mosquera

Vogal 3º

Raquel Anta Barragán

Vogal 3º

Carmen Lage Veloso

Vogal 4º

Mª Concepción Viñas González-Zaera

Vogal 4º

José Antonio Rey Díaz

III. Comisión avaliadora das probas de acceso ás ensinanzas de grao medio na EASD Ramón Falcón, en Lugo.

Titulares

Suplentes

Presidente

Aida Fernández Carreira

Presidente

Cristóbal Novóa González

Vogal 1º

Dolores de las Cuevas Revilla

Vogal 1º

Ángeles Castro Dapena

Vogal 2º

José Luis García-Boente Carro

Vogal 2º

Mª Antonieta Ríos Peleteiro

Vogal 3º

José Antonio Cruz Lago

Vogal 3º

Germán Álvarez Refojo

Vogal 4º

José Fontal Álvarez

Vogal 4º

José Francisco Fernández Ares

IV. Comisión avaliadora das probas de acceso ás ensinanzas de grao medio na EASD Antonio Faílde, en Ourense.

Titulares

Suplentes

Presidente

Martín Gulías, Néstor

Presidente

Francisco Javier Rodríguez López

Vogal 1º

Mónica Sabariz Casado

Vogal 1º

Javier Fernández Alonso

Vogal 2º

Elena Iglesias Rodríguez

Vogal 2º

Enma Pérez Teijeiro

Vogal 3º

M. Ángel Mantilla González

Vogal 3º

Juan M. Adrio Fondevila

Vogal 4º

M. Ángel Seguín Pérez

Vogal 4º

Marisol Rojo Vázquez

V. Comisións avaliadoras das probas de acceso ás ensinanzas profesionais de grao superior, que actuarán na EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

VI. Comisión avaliadora das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior:

Ilustración, Arquitectura Efémera, Proxectos e Dirección de Obras de Decoración, Xoiaría Artística, Modelismo da Indumentaria e Estilismo da Indumentaria.

Titulares

Suplentes

Presidente

Manuel López Vázquez

Presidente

Mª Teresa Picallo Rodríguez

Vogal 1º

Catalina Alonso Rodríguez

Vogal 1º

José Carlos Barreiro Roca

Vogal 2º

Mª Milagros Sánchez Landeira

Vogal 2º

Clara Mª López Torres

Vogal 3º

J. Francisco Domínguez López

Vogal 3º

Dolores Guillán Iglesias

Vogal 4º

Ana Luísa Castro Dapena

Vogal 4º

Mª Dolores de las Cuevas Revilla

VII. Comisión avaliadora das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior:

Fotografía Artística, Cerámica Artística, Gravado e Técnicas de Estampación, Artes Aplicadas da Escultura e Gráfica Publicitaria.

Titulares

Suplentes

Presidente

J. Miguel Alonso Oural

Presidente

Nicolás López Ciprián

Vogal 1º

J. Manuel Taboada Beato

Vogal 1º

M. Ángel Mantilla González

Vogal 2º

Esperanza Merino Álvarez

Vogal 2º

Javier Macho Eiras

Vogal 3º

Andrés Etxeita Costales

Vogal 3º

Mª Concepción Viñas González-Zaera

Vogal 4º

Natalia Crecente García

Vogal 4º

José Fontal Álvarez

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file