Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19989

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no último cuadrimestre por esta consellería.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

ANEXO

Data sinatura

Título

Importe

1.1.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade do Estado do Rio de Janeiro para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

19.739,56 €

3.1.2013

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional

0,00 €

3.1.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo para o recoñecemento da correspondencia entre ciclos formativos de grao superior da formación profesional inicial e materias de estudos universitarios

0,00 €

15.1.2013

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Coremain, S.L.U. para a implantación dun sistema de formación profesional dual

0,00 €

15.1.2013

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

0,00 €

7.2.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas curriculares («practicum») por parte do alumnado do Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada

0,00 €

15.2.2013

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Eduardo Pondal para a realización de actividades de dinamización da lingua galega e o estudo e preservación da obra de Eduardo Pondal

1.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Brasilia, o European Distance and E-Learning Network (Eden), a European & International Federation of Natural Stone Industries (EURO-ROC), a Università Degli Studi di Roma «Tor Vergata», a Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnoloxías, a Empresa Promotora de Serviços de Ensino, S.A. (MAGENSINUS) e Asesoramiento, Teconología e Investigación, S.L., para a realización do proxecto: «Improve employability and enhance European competitiveness through the acquisition of language and cultural competences in Portuguese/EMPORT», no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente 2007-2013

330.625,00 €

1.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para actuacións de normalización lingüística

15.000,00 €

1.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para actuacións de normalización lingüística

6.000,00 €

1.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a realización de actuacións de normalización lingüística

18.000,00 €

1.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actuacións de normalización lingüística

28.000,00 €

1.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Vigo para a realización de actuacións de normalización lingüística

25.000,00 €

5.3.2013

Convenio entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral da Construción para a formación de persoas adultas a través das tecnoloxías da información e da comunicación en formación aberta e a distancia nas ensinanzas Mentor

0,00 €

15.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela para actuacións en materia de normalización lingüística

6.000,00 €

15.3.2013

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa UNVI, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual

0,00 €

15.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Rosalía de Castro para a realización de actuacións de normalización lingüística

30.000,00 €

15.3.2013

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Rosalía de Castro, para a realización de actividades de promoción do libro e da lectura

16.000,00 €

18.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación de Autónomos de Galicia para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística

4.000,00 €

18.3.2013

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia

62.000,00 €

19.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística

5.000,00 €

19.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega para actuacións en materia de normalización lingüística

30.000,00 €

19.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Otero Pedrayo para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística

4.000,00 €

22.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Vicente Risco para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística

4.000,00 €

22.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Foro Enrique Peinador para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística

15.000,00 €

22.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística para actuacións en materia de normalización lingüística

15.000,00 €

25.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Comisións Obreiras (CC.OO.) para actuacións de normalización lingüística

2.000,00 €

27.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para actuacións de normalización lingüística

2.000,00 €

27.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a FEREGA-CECA para actuacións de normalización lingüística

250.000,00 €

27.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a CSI-F para actuacións de normalización lingüística

2.000,00 €

27.3.2013

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para a formación en lingua galega do persoal ao servizo da Administración local e de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia

9.200,00 €

27.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a UGT para actuacións de normalización lingüística

2.000,00 €

27.3.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a ONCE para actuacións de normalización lingüística

30.000,00 €

2.4.2013

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística

0,00 €

2.4.2013

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración asinado entre as consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ferrol, para dotar de equipamento escénico o Auditorio de Ferrol, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

575.000,00 €

3.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Palas de Rei para regular as visitas públicas ao Castelo de Pambre

16.000,00 €

3.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual para a realización conxunta da XI Edición dos Premios Mestre Mateo

103.631,80 €

4.4.2013

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e o Real Patronato de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da casa de administración e realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos

30.000,00 €

5.4.2013

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao (Ourense) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

0,00 €

5.4.2013

Addenda ao Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Polígono San Cibrao (Ourense) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende

0,00 €

5.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Marco para a concesión da subvención nominativa dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2013, destinada á realización de actividades didácticas e de difusión

140.000,00 €

10.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galicia (Forga) para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística

2.000,00 €

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Dirección Xeral de Tráfico para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística

0,00 €

17.4.2013

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Empresa-Universidade (Feuga) para a colaboración no desenvolvemento de proxectos de formación profesional dual polo réxime de bolsas

0,00 €

18.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de San Petersburgo para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

4.000,00 €

18.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Helsingin Yliopisto para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

4.000,00 €

18.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para promover e potenciar o galego a través da Revista Dorna

2.000,00 €

18.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario para a concesión da subvención nominativa dos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2013, destinada á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural e investimentos na dotación de medios materiais

40.000,00 €

24.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e The Graduate Center of The City University of New York para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

4.000,00 €

25.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e ANPE para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

2.000,00 €

25.4.2013

Acordo de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a impartición de cursos de idiomas para profesionais do sector do pequeno comercio retallista nas escolas oficiais de idiomas

0,00 €

29.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Grupo La Región, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais La Región e Atlántico Diario, que edita esta entidade

35.000,00 €

29.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Voz de Galicia que edita esta entidade

149.000,00 €