Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 96, do 22 de maio de 2013, cómpre realizar as seguintes correccións:
Na páxina 17792 a letra e) do artigo 2, onde di: «A entidade cesionaria realizará todos os trámites necesarios para o cambio de titularidade do ben cedido no rexistro marítimo da capitanía marítima correspondente, e serán pola súa conta todos os gastos que estes trámites orixinen», debe eliminarse do articulado da orde.
Na páxina 17792 no artigo 4, onde di: «Corresponde á consellería competente en materia de patrimonio verificar a aplicación da embarcación citada no artigo 1 ao fin para o cal é cedida. Para isto poderá adoptar cantas medidas sexan necesarias», debe decir: «Corresponde á consellería competente en materia de patrimonio verificar a aplicación do surtidor citado no artigo 1 ao fin para o que é cedido. Para isto poderá adoptar cantas medidas sexan necesarias».