Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20295

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de maio de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), nos departamentos territoriais da Consellería de Facenda ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no punto anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, considerándose neste sentido de non se emitir no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal se seleccionou.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no DOG e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou se comporta o reingreso ao servizo activo. Este prazo computarase desde o día seguinte ao do cesamento, que se efectuará dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da orde de resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de reingreso ao servizo activo, comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses dende a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I

Denominación: interventor/a habilitado/a II.

Código do posto: FCC030003015001006.

Nivel: 28.

Complemento específico: 12.518,28 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: xeral (finanzas. A9.3/A9.6).

Tipo de posto: normal.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: A Coruña.

missing image file
missing image file