María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña, se ditou Resolución do 9 maio de 2013 dirixida a Soros Investment Corporation Spain, S.L., que pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.
E para que sirva de notificación en legal forma a Soros Investment Corporation Spain, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 9 de maio de 2013
A secretaria xudicial