Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20312

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (1057/2012).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, fai saber que neste procedemento xuízo verbal 1057/2012, seguido por instancia de Enrique Mariño Suárez fronte á comunidade de propietarios Augusto González Besada, 14 de Pontevedra e Construcciones M&M, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Pontevedra, 2 de maio de 2013

Vistos por min, María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Pontevedra e o seu partido, estes autos nº 1057/12 sobre xuízo verbal, seguidos ante este xulgado, por instancia do procurador dos tribunais Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Enrique Mariño Suárez, asistido polo letrado Sr. Lariño Noia, fronte á mercantil Construcciones M&M, declarada en rebeldía procesual, e fronte á Comunidade de propietarios Augusto González Besada nº 14 de Pontevedra, representada polo procurador dos tribunais Sr. López López e asistida pola letrada Sra. Pereira Juvino, de reclamación de indemnización de danos e perdas, declárase

Resolvo:

Que estimando parcialmente a demanda formulada polo procurador Sr. Sanjuán Fernández, en nome e representación de Enrique Mariño Suárez fronte á mercantil Construcciones M&M, declarada en rebeldía procesual, e fronte á Comunidade de propietarios Augusto González Besada nº 14 de Pontevedra, representada polo procurador dos tribunais Sr. López López, e na súa virtude, debo declarar e declaro que procede que a codemandada Construcciones M&M lle aboe á demandante a cantidade de oitocentos trinta e nove euros con trinta céntimos (839,30 euros), cos xuros legais preceptivos. Absolvo a codemandada Comunidade de propietarios Augusto González Besada nº 14 de Pontevedra de todos os pedimentos formulados na súa contra, sen expresa imposición das custas deste procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de apelación, debido á contía deste procedemento, inferior a 3.000 euros, de conformidade co disposto no artigo 455, punto 1º da LAC, na súa redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo e asínoo.»

E ao estar o dito demandado, Construcciones M&M, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 6 de maio de 2013

A secretaria xudicial