Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20471

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 15 de maio de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada por Orde do 1 de abril de 2013 (DOG nº 73, do 16 de abril) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 17.4º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e de conformidade co disposto no seu artigo 29.2º,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria anunciado pola Orde do 1 de abril de 2013 (DOG nº 73, do 16 de abril).

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino do/a funcionario/a que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se se trata da mesma localidade en que presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data de alta.

Cuarto. O centro onde cause alta o funcionario realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Pernas Maques, Juan Carlos.

NRP: 4690661468 A2060.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Persoal.

Código do posto: IN.C02.00.001.15770.005.

Nivel: 28.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.