Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20473

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de maio de 2013 pola que se convoca concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por persoal funcionario público docente que imparte ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, prevé no seu artigo 3.2, que as prazas que nel se indican poderán ser cubertas mediante o correspondente concurso específico de méritos e polo prazo que se determine na convocatoria; as ditas prazas deberán ser provistas a través dun concurso específico de méritos para a súa provisión mediante nomeamento temporal con reserva do posto de traballo de orixe e polo tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que en ningún caso poderá exceder en máis de seis anos.

Así mesmo, o artigo 5 do dito decreto establece que se poden cubrir por este mesmo procedemento aquelas prazas que favorezan a elaboración de proxectos, innovacións curriculares ou metodolóxicas, entre as cales existen prazas de recente implantación ou de difícil cobertura polo procedemento ordinario.

Sendo necesaria a provisión de distintas prazas por mor dos diversos convenios entre a Administración educativa e as distintas institucións ou entidades a que se refire o artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, e outras incluídas no artigo 5 do dito decreto, e tendo en conta a habilitación que figura na disposición derradeira primeira do mesmo decreto que autoriza o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións que sexan precisas para a súa aplicación e desenvolvemento.

É polo que esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

Convocar concurso público de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para adxudicar, en comisión de servizos, as prazas que figuran no anexo I desta orde.

Artigo 2. Participantes e requisitos

Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparte ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que estea en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2012/13 e que estea en posesión do título de perfeccionamento en lingua galega, do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou certificación ou validación equivalente.

Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no 31 de agosto de 2013 aquel persoal docente que desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe reincorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación

O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e poderán presentarse no Rexistro Único, Edificio Administrativo San Caetano, nas xefaturas territoriais, ou ben na forma prevista no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante a oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa selada e datada polo persoal funcionario antes de ser certificada.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e demais documentación, non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase renuncia á participación no concurso de méritos específico dentro do prazo establecido para as reclamacións sinaladas no punto quinto, entendendo que tal renuncia afecta todas as peticións formuladas.

Artigo 4. Solicitude e documentación

Aínda que se concurse a máis dunha praza, o persoal concursante presentará unha única instancia, acompañada dunha fotocopia desta e unha folla de autobaremación, que aparece como anexo IV, e simultaneamente presentará, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo II.

Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos de méritos alegados que fosen presentados polos concursantes para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais

As/os concursantes presentarán ademais:

Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ao posto que se solicita, tendo en conta as características deste, cunha extensión máxima de 20 folios.

Artigo 5. Comisión de Selección

1. A selección das/dos aspirantes será realizada por unha comisión, integrada polos seguintes membros:

Presidente: o director xeral de Centros e Recursos Humanos ou persoa en quen delegue.

Vogais: ata un máximo de catro vogais, coa categoría de subdirectores ou subdirectoras xerais, xefas ou xefes de servizo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou membros da Inspección educativa.

Unha funcionaria ou funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretaria ou secretario con voz e sen voto.

2. A Comisión de Selección poderá solicitar a incorporación aos seus traballos de persoas expertas, que se limitarán a prestar a súa colaboración. Ademais, poderá asistir un representante de cada organización sindical con presenza na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

A Comisión poderá dispoñer a constitución de subcomisións técnicas para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coide pertinentes.

Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear unha persoa representante, con voz e sen voto, para a asistencia ás sesións das subcomisións.

3. Para a valoración dos números 1, 2, 3.1 e 3.2, do baremo establecido no anexo II, a Comisión de Selección poderá delegar esta función nunha subcomisión formada por persoal funcionario da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Logo de seren baremadas todas as solicitudes presentadas, os resultados provisionais serán publicados no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, sinalando a relación de persoal excluído e a causa da súa exclusión provisional. Contra esta resolución provisional poderanse, no prazo de 10 días naturais desde a súa publicación, presentar as reclamacións que procedan.

Todo o persoal aspirante que obteña unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto poderá ser convocado pola Comisión de Selección á realización dunha entrevista para apreciar mellor as circunstancias que concorren neles, que versará sobre o proxecto presentado.

4. Os membros da comisión e, de ser o caso, da subcomisión, estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo), que estarán cualificadas na categoría primeira.

Artigo 6. Proposta de nomeamento

O persoal aspirante que non acade unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista, no caso de ter lugar, non poderá ser proposto pola Comisión. Será seleccionado o persoal aspirante que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acade as maiores puntuacións no total dos puntos recollidos no baremo establecido no anexo II para a praza que solicita.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente, e por esta orde, á maior puntuación nos números 1, 3.3, 3.1, 3.2 e 2.

Unha vez realizado todo o proceso anterior, a Comisión de Selección proporalle ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación dos postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderá notificado, para todos os efectos, o persoal concursante que afecte. Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderase formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 7. Resolución da convocatoria

A resolución da convocatoria será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e por ela entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas concursantes que afecte.

O prazo máximo para notificar a resolución deste procedemento será de seis meses contado desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, tendo efectos desestimatorios a falta de resolución expresa nese período.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 8. Toma de posesión

O persoal seleccionado deberá incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2013 e cesará no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

As prazas adxudicadas serán en comisión de servizos, por un período dun ano e un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Nº do posto

1

Convenio: Asociación para a Formación e Emprego de Mozos Discapacitados.

Destino

Santiago de Compostela.

Prazas

1 praza para mestres/as.

Funcións

Integración social de mozos diminuídos. A través do traballo como terapia fundamental. Mellorar a situación persoal e a calidade de vida destes mozos discapacitados. Actividades adecuadas á súa situación. Realizar, e de ser o caso coordinar, todas as actividades escolares e extraescolares do centro. Traballo en programas de desenvolvemento integral.

Requisitos

Experiencia en educación especial. Especialista en pedagoxía terapéutica. Coñecementos de traballos de manualidades: encadernación, cerámica, etc.

Observacións

Horario adaptado ás necesidades do centro.

Nº do posto

2

Convenio: ONCE

Destino

Centro base da ONCE: A Coruña, Ourense e Pontevedra.

Prazas

2.1. A Coruña: 2 mestra/e.

2.2. Ourense: 1 mestra/e.

2.3. Pontevedra: 1 mestra/e.

Funcións

Atención á educación integrada de invidentes e deficientes visuais, cunha intervención directa, presencial e personalizada coa/co alumna/o.

Atención á familia.

Asesoramento ao profesorado da aula.

Adaptación de materiais.

Requisitos

Dispoñibilidade de vehículo particular.

Nº do posto

3

Convenio: coordinador de Aspanaes na provincia da Coruña.

Destino

Centros de: Santiago de Compostela, Culleredo, A Coruña, Ferrol e As Pontes de García Rodríguez.

Prazas

1 praza para mestres ou profesores de ensino secundario.

Funcións

Coordinador educativo dos centros concertados coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Aspanaes na provincia da Coruña. Traballo en integración social dos mozos diminuídos. Actividades adecuadas á súa situación. Realizar e, se é o caso, coordinar todas as actividades extraescolares dos centros. Traballo en programas de desenvolvemento integral.

Requisitos

Experiencia en educación especial ou pedagoxía terapéutica. Coñecementos sobre autismo e experiencia con rapaces autistas.

Vehículo propio e carné de conducir.

Observacións

Horario adaptado ás necesidades do centro.

Nº do posto

4

Convenio: Secretaría Xeral para o Deporte.

Destino

4.1. Servizo Provincial da Coruña.

4.2. Servizo Provincial de Lugo.

Prazas

2 mestres/as ou profesora/profesor de ensino secundario, especialidade de educación física ou licenciados en educación física.

Funcións

Desenvolvemento da campaña do deporte en idade escolar.

Participación na programación e divulgación da campaña de deporte en idade escolar e nas zonas e comarcas da súa área de actuación.

Organización e seguimento de competicións deportivas.

Coordinación de grupo de traballo e dinamización da campaña.

Elaboración de memorias e estatísticas da campaña.

Requisitos

Experiencia en organización de competicións deportivas en idade escolar.

Observacións

Horario adecuado ás necesidades da actividade deportiva e ao seu desenvolvemento (tardes e fins de semana). Necesidade de desprazamento ás competicións ou servizos de coordinación.

Nº do posto

5

Convenio: Consellería de Traballo e Benestar (Dirección Xeral de Familia e Inclusión).

Destino

5.1. Centro Concepción Arenal-A Coruña: 1 praza para mestra/e.

5.2. Centro Santo Anxo de Rábade-Lugo: 3 prazas.

– 1 profesor/a de ensino secundario no ámbito sociotecnolóxico.

– 1 profesor/a de ensino secundario no ámbito sociolingüístico.

– 1 mestre/a de pedagoxía terapéutica.

5.3. Centro de Atención Específica Montefiz-Ourense: 1 posto para mestra/e.

5.4. Centro de Atención Específica Monteledo-Ourense: 1 posto para mestra/e.

5.5. Centro Avelino Montero-Pontevedra: 1 posto para mestra/e.

Funcións

Docencia nos centros aos internos que, por diversos motivos, non asistan a clases en centros ordinarios.

Apoio educativo aos internos que estean escolarizados en centros ordinarios e coordinación dos ditos centros.

Apoio educativo aos internos matriculados en modalidades de educación a distancia.

Requisitos

Experiencia de tres anos, como mínimo, na educación de adultos e de traballo con persoas con necesidades educativas especiais.

Observacións

Dispoñibilidade horaria (xornada partida para adaptarse ás necesidades dos internos).

Nº do posto

6

Escola de Especialidades Antonio de Escaño-Ferrol (A Coruña).

Corpo

Código

Especialidade

Código

Nº de prazas

Profesores de ensino secundario

590

Sistemas electrónicos

124

4

Profesores de ensino secundario

590

Navegacións e instalacións mariñas

109

2

Profesores técnicos de formación profesional

591

Equipamentos electrónicos

202

1

Profesores técnicos de formación profesional

591

Máquinas, servizos e produción

210

3

Nº do posto

7

Escola de Especialidades Fundamentais da Estación Naval da Graña-Ferrol (A Coruña).

Corpo

Código

Especialidade

Código

Nº de prazas

Profesores de ensino secundario

590

Administración de empresas

101

1

Profesores de ensino secundario

590

Hostalaría e turismo

106

1

Profesores de ensino secundario

590

Navegacións e instalacións mariñas

109

1

Profesores técnicos de formación profesional

591

Cociña e pastelaría

201

1

Profesores técnicos de formación profesional

591

Procesos de xestión administrativa

222

1

Nº do posto

8

Programa específico: Consellería de Sanidade.

Destino

8.1. Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Prazas

1 praza para mestre/a

Funcións

Proseguir a formación dos nenos/as durante a permanencia no hospital, sen que a actividade docente cause prexuízos ao seu benestar e non obstaculice os tratamentos correspondentes. Manter hábitos de estudo. Coordinación cos centros educativos aos que asisten normalmente. Estimular a actividade creativa para evitar o aburrimento. Dar un carácter positivo e contido formativo aos tempos libres e de ocio no hospital.

Requisitos

Funcionario/a do corpo de mestres. Experiencia como asesor e de traballo en equipo co persoal do centro hospitalario. Cursos relacionados coa saúde.

Observacións

Horario adaptado ás necesidades do centro.

Nº do posto

9

Programa específico: Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia.

Destino

Santiago de Compostela.

Prazas

1 praza para mestres/as ou profesor/a de ensino secundario.

Funcións

Colaboración a nivel educativo para a rehabilitación e integración sociolaboral das persoas atendidas pola fundación. Actividades orientadas a facilitar a súa integración social e laboral e á adquisición de hábitos e actitudes positivas que favorezan o desenvolvemento e maduración persoal, contribuíndo ao éxito do seu proceso terapéutico.

Requisitos

Experiencia en educación de adultos.

Observacións

Horario adaptado ás necesidades da fundación.

ANEXO II

Conceptos

Puntuación

Total puntos máximo

Documentos xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servizo como funcionaria/o de carreira. Para estes efectos computaranse os servizos docentes previos recoñecidos conforme a Lei 70/1978.

0,50 puntos

5 puntos

2. Méritos académicos:

As titulacións, no caso de que non fosen as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o cal se participa, valoraranse da forma seguinte:

(titulacións distintas das alegadas para o ingreso no corpo no concurso de traslados)

2.1. Polo título de doutora/doutor.....................................................................

2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes............................

2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura..............................................................

2.4. Título de grao............................................................................................

1 punto

0,50 puntos

0,25 puntos

0,50 puntos

2 puntos

Copia compulsada das titulacións alegadas.

3. Formación e perfeccionamento:

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados)

3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos (0,10 puntos por cada 10 horas)

3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto a que se pretende acceder (0,10 puntos por cada 10 horas)

Ata 2 puntos

Ata 1 punto

Ata 3 puntos

6 puntos

Copia compulsada da documentación alegada.

4. Proxecto de traballo:

O proxecto de traballo deberá conter os obxectivos, a planificación xeral, as actividades, a xustificación e definición a que corresponde a praza que se solicita (puntuación mínima exixida por este punto: 4 puntos)

Ata 6 puntos polo proxecto

Ata 6 puntos

Orixinal, cunha extensión máxima de 20 folios

5. Entrevista sobre o proxecto presentado (puntuación mínima exixida por este punto: 4 puntos)

Ata 6 puntos pola entrevista

Ata 6 puntos

missing image file
missing image file