Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 28 de maio de 2013 pola que se notifica requirimento do 30 de abril de 2013 de retirada do vehículo con matrícula C-5326-AT, abandonado no dominio público portuario do porto de Viveiro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, notifícaselle mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do concello de Pontedeume a Jesús Alberto Gómez Tenreiro, con DNI 76410222, en calidade de propietario do vehículo Renault 19 TXE, con matrícula C-5326-AT e número de bastidor VS5B53305K0108084, o seguinte requirimento:

Segundo acta do policía portuario do porto de Viveiro, con NIP 367030, efectuada ás 14.44 horas do día 20 de febreiro de 2013, acta a que se xuntan fotografías, na zona do porto de Viveiro situada detrás da estación de autobuses encóntranse dous vehículos en estado de abandono.

Un deses vehículos é un Renault 19 TXE, de cor gris, con matrícula C-5326-AT e bastidor VS5B53305K0108084, do cal, de acordo cos datos que facilita a Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo, é titular na actualidade Jesús Alberto Gómez Tenreiro, con DNI 76410222 e domicilio en Herreros, 8, Pontedeume, vehículo que leva estacionado máis dun mes nese lugar con graves danos, tal e como se aprecia nas fotografías anexas á acta.

Considerando o exposto, e toda vez que na zona onde se encontra o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 86.1 do Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a notificación do presente proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Viveiro.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Para o seu exame, o expediente completo encóntrase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia