Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se acorda facer público no Diario Oficial de Galicia o anuncio indicativo do contrato de subministración e instalación dunha sala de hemodinámica no Hospital Universitario Lucus Augusti, remitido con data do 22 de maio ao DOUE.

A Dirección Xeral de Recursos Económicos, en virtude das atribucions que lle foron conferidas no Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), anuncia o acordo de inicio do seguinte expediente de contratación:

1. Órgano de contratación.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos,.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 881 54 73 87.

d) Fax: 881 54 86 11.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: subministración e instalación dunha sala de hemodinámica no Hospital Universitario Lucus Augusti.

b) Custe estimado IVE excluído: 600.000,00 euros.

3. Relación con algún proxecto ou programa financiado mediante fondos da UE: non.

4. Data de envío do anuncio ao DOUE: 22 de maio de 2013.

Acorda facer público o anuncio indicativo no DOUE, DOG, e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), segundo o artigo 141 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos