Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/112-2, 8081 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Abeiro Gold, S.L.

Domicilio social: r/ Camiño Real, 115, Lugo.

Denominación: LMT e CT de 630 kVA para subministración a residencia xeriátrica.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– CS en edificio prefabricado de Ormazábal tipo PF-15, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

– LMT a 20 kV, con orixe nunha cela de liña do CS proxectado e final nunha cela de remonte do CT proxectado, cunha lonxitude de 45 metros en condutor RHZ1-240.

– CT en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de remonte, unha cela de protección e unha cela de medida, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 22 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo