Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 23 de maio de 2013, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-10/2013 por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-10/2013, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Advírteselle ao titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o dito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: OU-S-10/2013.

Titular sancionado: Manuel Augusto Claidez Rosario.

Establecemento: Sótano.

Domicilio: Brasil, 1.

Localidade: O Carballiño.

Incoación: 22 de abril de 2013.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Ourense, 23 de maio de 2013

Manuela Penín López
Xefa da Área Provincial de Turismo de Ourense