Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (660/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 660/2011, por instancia de Mónica Suárez Rico contra a empresa Ocaper Gourmet, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 14 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Mónica Suárez Rico contra a entidade Ocaper Gourmet, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Ocaper Gourmet, S.L. a aboar á demandante a cantidade de doce mil cincocentos nove euros con cincuenta e oito céntimos (12.509,58 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ocaper Gourmet, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de maio de 2013

A secretaria xudicial