Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20908

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (94/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 94/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Dueñas Roca contra Inv. Luc. & Mon, S.L.N.E., Sannydep, S.L. e Fogasa, se ditou sentenza co seguinte ditame:

Ditame.

Admítese a demanda interposta por Adrián Dueñas Roca fronte a Investimentos Luc&Mon, S.L.N.E. e Sanydep, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, condénanse solidariamente as empresas demandadas a aboarlle ao demandante a cantidade de 4.126,28 euros, incrementada co xuro moratorio do 10 % en relación cos conceptos salariais.

Impónselles ás empresas codemandadas a sanción de 180 euros e o aboamento das custas procesuais, co límite de 600 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inv. Luc. & Mon, S.L.N.E. e Sannydep, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de maio de 2013

A secretaria xudicial