Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións da cidade deportiva do Real Aeroclub de Santiago no concello de Ames.

Por acordo do Pleno do 25 de abril de 2013, en sesión ordinaria, aprobouse definitivamente o Plan especial de dotacións da cidade deportiva do Real Aeroclub de Santiago no concello de Ames, o que se publica aos efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

«Punto sexto. Aprobación definitiva do Plan especial de dotacións da cidade deportiva do Real Aeroclub de Santiago no concello de Ames.

Rematadas as intervencións, o Pleno da corporación por maioría absoluta, coa abstención dos membros do grupo municipal socialista (6) e das/os concelleiras/os non adscritas/os Olalla Alvite del Río, María Pilar Candocia Pita, Susana Mallo Redondo e Xosé Anxo Doval Rey, e o voto favorable do resto dos membros da corporación municipal (11), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións da cidade deportiva do Real Aero Club de Santiago, redactado polos arquitectos Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide.

Segundo. Publicar o presente acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, así como o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Dar traslado do presente acordo de aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xunto con dúas copias autenticadas do Plan especial aprobado definitivamente, con todos os planos e documentos que o integran debidamente dilixenciados pola secretaría da corporación.

Cuarto. Notificar o presente acordo de aprobación definitiva aos interesados no procedemento, con notificación expresa de que en contra da aprobación definitiva non caberá recurso en vía administrativa, por tratarse dunha disposición de carácter xeral, e de que pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo.

Quinto. Facultar o alcalde, Santiago Vicente Amor Barreiro, para cantas actuacións de trámite sexan precisas para a mellor execución do acordado».

Contra o presente acordo, de conformidade co previsto no artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Ames, 7 de maio de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde