Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20972

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas AR-10 e AR-11 do sector S-16 Galdrachán, O Milladoiro.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión que tivo lugar o día 21 de marzo de 2013, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle das parcelas AR-10 e AR-11 do sector S-16 Galdrachán, O Milladoiro.

De conformidade co establecido no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e modificacións posteriores, durante o prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Correo Gallego, poderanse examinar os ditos documentos nas dependencias do Servizo de Urbanismo do Concello de Ames, situadas na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar durante o dito prazo as alegacións que se consideren convenientes.

Ames, 17 de abril de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde