Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 20 de febreiro de 2013, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada polo Clube de Remo de Rianxo para a ocupación de terreos de dominio público portuario para a legalización da construción de edificio destinado a club de remo, no dominio público portuario de Rianxo (expediente 12-55-06-C-1).

O Clube de Remo de Rianxo solicita a concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público portuario para a legalización da construción dun edificio destinado a club de remo, segundo memoria descritiva e planos da edificación, no porto de Rianxo, asinado polo enxeñeiro técnico en mecanizacións e construcións rurais Miguel Órdoñez Martínez, en xaneiro de 2003.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 20 de febreiro de 2013

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro