Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 13 de maio de 2013, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia (Antonio Rodríguez y Otros, S.L. e noventa e catro máis).

Advertido erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño de 2013, páxina 20578, cómpre anular o texto previo ao anexo e substituílo polo seguinte:

«De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao non ser posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por medio do presente anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 1, 1º C), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 13 de maio de 2013

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña»