Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21315

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 31 de maio de 2013 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

O día 5 de xaneiro de 2012, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicou a Orde do 27 de decembro de 2011 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2012) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

No seu artigo 14 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e sinálase que as dotacións iniciais se poderán incrementar.

A súa dotación orzamentaria ascende á cantidade de 2.000.000,00 de € para o ano 2012 e 6.000.000,00 de € para o ano 2013. Coa finalidade de poder amparar todas as solicitudes de axudas ao fomento da silvicultura en bosques no medio rural, no marco das axudas ao desenvolvemento rural en Galicia e, posto que esta dotación resulta insuficiente, cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria da anualidade 2013 para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

ACORDO:

Ampliar a dotación orzamentaria asignada á Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 12.20.713B.770.0 por importe de 6.200.000,00 €, na seguinte anualidade:

– Ano 2013: 6.200.000,00 €.

Como resultado desta ampliación, o orzamento total asignado á presente orde ascende ás seguintes cantidades:

– Ano 2012: 2.000.000,00 de € na aplicación orzamentaria 16.20.713B.770.0.

– Ano 2013: 12.200.000,00 € na aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.0.

Esta dotación poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado, ou da Comunidade Autónoma.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar