Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21255

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 27 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

A Consellería do Medio Rural e do Mar publicou o 29 de decembro de 2010 a Orde do 22 de decembro pola que se estableceron as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), mentres que o 28 de decembro de 2011 publicou unha modificación das ditas bases. Como queira que estes servizos deberán seguir sendo prestados polas entidades de asesoramento, xestión e substitución durante o período comprendido no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, cómpre facer pública unha nova convocatoria.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Sección 1ª Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2013 das liñas de axudas para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias segundo o disposto nos artigos 20, letra a), inciso v) e 25 do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Feader, e no artigo 15, 16 e anexo II punto 5.3.1.1.5 do Regulamento 1974/2006 polo que se establecen disposicións de aplicación do anterior regulamento, e convocalas para o ano 2013.

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta orde entenderase como:

1. Servizo de asesoramento: conxunto de actuacións levadas a cabo nunha explotación agraria, polo menos durante un ano por unha entidade de asesoramento inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega), e que incluirá as materias de obrigado asesoramento como son as seguintes:

a) Requisitos legais de xestión, relativos á saúde pública, sanidade animal, sanidade vexetal, ambiente e benestar dos animais, a que se refire o artigo 5 e o anexo II do Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa aos agricultores no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores e polo que se modifican os regulamentos (CE) nº 1290/2005, (CE) nº 247/2006, (CE) nº 378/2007 e se derroga o Regulamento (CE) nº 1782/2003.

b) Boas condicións agrarias e ambientais, a que se refire o artigo 6 e o anexo III do Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro.

Estas disposicións recóllense no Real decreto 486/2009, do 3 de abril, polo que se establecen os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deben cumprir os agricultores que reciban pagamentos directos no marco da PAC, os beneficiarios de determinadas axudas de desenvolvemento rural e os agricultores que reciban axudas en virtude dos programas de apoio á reestruturación e reconversión e á prima por arrinca da viña.

c) As normas relativas á seguranza laboral derivadas da normativa comunitaria.

d) As relacionadas co inicio da actividade das persoas agricultoras mozas.

e) A información correspondente ás medidas de acción positiva desde a vertente de xénero.

2. Servizo de asesoramento integral: conxunto de actuacións levadas a cabo nunha explotación agraria polo menos durante un ano, por unha entidade de asesoramento inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega), que inclúa asesoramento sobre outras materias ademais das incluídas no punto anterior, co fin de acadar un asesoramento de carácter global na explotación. Estas materias son:

a) A posta en marcha do contrato de explotación sustentable.

b) Outras materias de xestión económica e ambiental da explotación as cales, desde o punto de vista dos novos retos establecidos no Regulamento (CE) nº 74/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 1698/2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, poderán estenderse ao asesoramento sobre cambio climático, enerxías renovables, xestión da auga, biodiversidade e mellora da competitividade das explotacións leiteiras.

Ademais, en ambos os dous casos o asesoramento integral incluirá o relativo ás medidas que poidan establecerse en desenvolvemento do artigo 36.2º e disposición adicional sétima da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

3. Servizo de xestión: o conxunto de actuacións levadas a cabo na explotación agraria polo menos durante un ano por unha entidade de xestión inscrita no Resaxega, dirixidas a realizar un programa técnico e específico de xestión no ámbito definido no artigo 5 do Decreto 235/2007, do 29 de novembro.

4. Servizo de substitución: o desempeño de actividades propias e específicas da explotación agraria, para a substitución do titular ou titulares e traballadores durante os períodos habituais de descanso, baixa de maternidade, baixa por enfermidade, ou a súa ausencia para realizar actividades de formación.

5. Entidades sen ánimo de lucro: serán aquelas entidades relacionadas co sector agrario que, aínda que desenvolvan actividades de carácter comercial, invistan os beneficios resultantes, na súa totalidade, no cumprimento dos seus fins institucionais non comerciais.

6. Pequena empresa: tomarase a definición incluída no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto.

Artigo 3. Réxime de aplicación

Tanto os investimentos en bens inventariables referidos na sección 2ª (axudas para a implantación de servizos de asesoramento e/ou xestión), artigo 7 punto 2.a), que poderán ser subvencionados cando o beneficiario teña a condición de pequena empresa, como os investimentos en custos salariais referidos na sección 2ª (axudas para a implantación de servizos de asesoramento e/ou xestión), artigo 7 punto 2.b), e na sección 3ª (axudas á implantación de servizos de substitución), artigo 13 punto 1, ampararanse no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE 28.12.2006, L379).

Sección 2ª Axudas para a implantación de servizos de asesoramento e/ou xestión

Artigo 4. Beneficiarios das axudas de implantación de servizos de asesoramento e/ou xestión

1. No caso de implantación de servizos de asesoramento poderán ser beneficiarias as entidades privadas sen ánimo de lucro ou cooperativas ou, en ambos os supostos, as súas unións ou federacións, agás as agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG), as agrupacións de agricultores para tratamentos integrados na agricultura (Atria), e as agrupacións de defensa fitosanitaria (ADF), así como as súas unións ou agrupacións.

2. No caso de implantación de servizos de xestión, poderán ser beneficiarias as empresas, cooperativas e entidades asociativas do sector agrario que teñan a previa autorización do organismo competente da Consellería do Medio Rural e do Mar para exercer esa actividade.

3. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 1, punto 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008.

4. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 5. Requisitos xerais dos beneficiarios

As entidades que queiran acollerse ás axudas establecidas nesta orde deberán:

1. Estar recoñecidas e inscritas, no momento de presentación da solicitude da axuda, no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega), de acordo co número 2 do artigo 7 do Decreto 235/2007, do 29 de novembro.

2. Cumprir os requisitos sinalados nos artigos 4 e 6 do Decreto 235/2007, do 29 de novembro, para entidades que presten servizos de asesoramento e/ou servizos de xestión respectivamente.

3. Cumprir as obrigas xerais recollidas nos artigos 9 e 10 do Decreto 235/2007, do 29 de novembro. Neste senso deberán manter o servizo nas oficinas nas mesmas condicións establecidas no momento da súa implantación, e ocupados os postos de traballo, polo menos, durante un período mínimo de cinco anos contados desde a data de concesión da primeira axuda por cada tipo de programa e submedida.

No marco das obrigas recollidas nos artigos 9 e 10 do Decreto 235/2007, as entidades quedan obrigadas á comunicación de todas aquelas variacións que afecten as fichas rexistrais e, co fin de manter actualizada esta información, deben presentar ante as delegacións territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar a seguinte documentación dirixida ao Resaxega:

a) Modificacións que afecten o plan de asesoramento ou xestión en formato papel e dixital, segundo os contidos mínimos recollidos nos anexos III e IV desta orde, cando se produzan.

b) Declaración de inicio para cada programa e submedida segundo o anexo XI, xunto coa solicitude da axuda cando esta se faga por primeira vez, con data límite ata o 30 de setembro do ano da convocatoria.

c) Relación de explotacións que utilizarán os servizos de asesoramento e de cada programa de xestión, nunha base de datos informatizada (formato Excel) axustándose ao modelo e completando os campos sinalados no anexo XII, no momento da solicitude da axuda. As entidades comunicarán as altas e baixas de explotacións ás cales presta o servizo nun prazo máximo dun mes desde que se produciron estas, segundo o modelo recollido no anexo XVIII.

d) Comunicación das altas, baixas e substitucións do persoal da entidade de asesoramento ou xestión no prazo de dez días desde que a modificación se efectuou. As substitucións deberán facerse no prazo dun mes e o contrato do novo traballador deberá manter as mesmas condicións e compromisos do anterior para poder manter as axudas concedidas. A comunicación das substitucións de traballadores farase empregando o modelo do anexo XIX, achegando copia cotexada do contrato e da titulación da persoa substituta.

En caso de baixas temporais, a substitución do traballador levarase a cabo no prazo máximo de corenta e cinco días e comunicarase o novo contrato no prazo máximo de 10 días empregando o modelo do anexo XIX e achegando copia cotexada do contrato e da titulación da persoa substituta.

e) Informe-resumo de actuacións polo período subvencionable cada ano, no momento da xustificación da axuda, en formato papel e dixital, que inclúa a relación das actuacións levadas a cabo, indicando a data, titular da explotación, CEA e definición da actuación, segundo o anexo XVII.

4. Levar a cabo durante o período de cinco anos desde a concesión da primeira axuda, por cada tipo de programa e submedida, o plan de asesoramento e/ou de xestión, deseñado e especificado ao inicio da actividade.

5. Deixar constancia das visitas, do seguimento e das recomendacións mediante as actas e informes que correspondan, e facilitar ao titular da explotación agraria demandante do servizo unha copia en papel e/ou dixital dos programas de asesoramento e/ou xestión levados a cabo na explotación de acordo co plan de asesoramento e/ou xestión definidos nos anexos III e IV.

6. Elaborar un informe individual por explotación que recolla o conxunto de actuacións desenvolvidas nela.

7. Garantir a estabilidade no emprego xerado nos contratos laborais subvencionables de acordo co artigo 7. Para isto, no primeiro ano deberán ser de carácter indefinido ou ben de duración determinada, a cal terá unha duración mínima dun ano. No caso de postos de traballo polos cales xa se concedeu axuda nos exercicios anteriores, os contratos subvencionables deberán ser exclusivamente de carácter indefinido. En ningún caso se admitirán os contratos eventuais.

Os contratos deberán especificar como obxecto da contratación a realización de servizos de asesoramento e/ou de xestión, como corresponda en cada caso segundo o Decreto 235/2007, do 29 de novembro.

8. Garantir que cando se produza a rescisión do contrato ou a baixa dun traballador para o cal se concedeu subvención, este deberá substituírse segundo o establecido no artigo 5.3.d) para poder manter as axudas concedidas.

9. Dispoñer dun equipo técnico capaz de atender un volume de explotacións ou de hectáreas ou de animais, de acordo cos niveis sinalados no anexo V desta orde. Os niveis sinalados para o número de explotacións, hectáreas ou animais poderán exceptuarse ou reducirse nas entidades que por razóns excepcionais debidamente xustificadas o soliciten. Nestes casos o servizo territorial de Explotacións Agrarias onde estea o domicilio social da entidade emitirá un informe sobre a pertinencia ou non desa excepción solicitada.

10. Contribuír á formación do seu persoal técnico facilitando a asistencia aos cursos de formación que determine a Consellería do Medio Rural e do Mar.

11. As entidades recoñecidas para prestaren simultaneamente servizos nos ámbitos do asesoramento e da xestión disporán, para cada un deles, do persoal técnico axeitado e diferenciado, de acordo co referido nos artigos 4 e 6 do Decreto 235/2007, do 29 de novembro. Así mesmo, as entidades disporán dos medios materiais axeitados ás actividades que se vaian desenvolver, de acordo co referido neses artigos.

12. Ademais dos sinalados, os beneficiarios deberán cumprir os requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Requisitos específicos

As entidades que presten servizos de asesoramento e/ou xestión deberán cumprir, ademais:

A) Servizos de asesoramento.

1. Levar a cabo as actuacións descritas no artigo 2 punto 1 e, se for o caso, 2 punto 2.

B) Servizos de xestión.

1. Desenvolver a súa actividade no ámbito dos seguintes programas:

a) Ámbito da xestión da agricultura sustentable:

i. Programas técnico-agronómicos de produción e sanidade vexetal.

b) Ámbito da xestión zootécnica:

i. Programa de reprodución animal.

ii. Programa de alimentación.

iii. Programa de podoloxía.

c) Outros programas técnicos de xestión de carácter agronómico ou zootécnico nos cales se sinale claramente a xustificación da súa necesidade e viabilidade técnica e económica.

2. As entidades que presten servizos de xestión levarán a cabo os rexistros informáticos necesarios que permitan analizar as tarefas desenvolvidas en cada unha das explotacións e os resultados acadados. Ademais, porán esta información integramente á disposición da Consellería do Medio Rural e do Mar e do titular da explotación agraria.

3. O persoal contratado pola entidade de xestión disporá da titulación específica acorde cos ámbitos dos programas de xestión técnica en que exerza a actividade, segundo o anexo XX.

Artigo 7. Gastos elixibles

1.Os gastos elixibles non poderán ter, en ningún caso, relación directa ou indirecta coa venda de produtos ou prestación de servizos alleos aos propios servizos de asesoramento e/ou xestión, e deberán suxeitarse ao establecido no Real decreto 1852/2009, do 4 do decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Feader (BOE nº 1, do 1.1.2010).

2. As axudas poderán concederse ás entidades de asesoramento e/ou de xestión para os seguintes conceptos:

a) Adquisición de bens inventariables destinados á mellora dos servizos de asesoramento e/ou xestión. O material obxecto de axuda será o seguinte:

Hardware informático e reprográfico, software informático, material tecnolóxico e equipamentos de medida ou análise. No caso de software informático, material tecnolóxico e equipamentos de medida ou análise deberán estar directamente relacionados co programa de asesoramento e/ou xestión implantado.

Quedan excluídos a adquisición, construción ou adecuación de bens inmobles, ou a adquisición de material de segunda man, e igualmente non serán elixibles os investimentos en medios de transporte.

Serán elixibles os investimentos en bens materiais formalizados con posterioridade á solicitude de axuda de cada exercicio, unha vez comunicado o inicio da actividade, e como límite ata un mes posterior á recepción da notificación de resolución aprobatoria por parte do beneficiario.

b) Custo salarial da contratación de persoal técnico e administrativo necesario como consecuencia da implantación de servizos de asesoramento e/ou xestión.

Na contratación de persoal administrativo subvencionarase como máximo un posto administrativo por entidade solicitante.

3. No caso de novos contratos laborais de persoal, serán elixibles aqueles formalizados desde a convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro do ano da convocatoria, como data límite para a formalización do contrato de traballo.

4. Cando a data do inicio de actividade, segundo o sinalado no punto 5 deste artigo, sexa posterior á solicitude de axuda ao abeiro da convocatoria do ano correspondente, serán elixibles os contratos desde a data de inicio da actividade. Mentres que, se fose anterior á convocatoria do ano correspondente, entón os contratos serán elixibles desde a data da solicitude do mesmo ano.

5. No caso de contratos subvencionados na convocatoria anterior, serán elixibles doce mensualidades contadas a partir da última elixible na dita convocatoria.

Artigo 8. Contía subvencionable

1. Os gastos en bens inventariables subvencionaranse tan só no caso de pequenas empresas, durante o período de 5 anos contados desde a comunicación do inicio da actividade, e como límite ata a data de finalización establecida na programación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia. A intensidade de axuda que se aplicará aos bens considerados como elixibles no artigo 7 punto 2.a. terá carácter decrecente, sendo dun 50 % no primeiro ano desde a data declarada para o inicio da actividade, 40 % no segundo, 30 % no terceiro, 20 % no cuarto e 10 % no quinto.

En todo caso, a axuda máxima ao investimento realizado durante o dito período non superará os 18.000 euros de axuda para a 1ª oficina da entidade solicitante, e os 8.000 euros para a segunda e sucesivas.

2. Os investimentos máximos auxiliables para a contratación de persoal técnico e administrativo serán os correspondentes ao custo salarial, excluídas as axudas de custo de desprazamento e mantemento, e de acordo coas seguintes categorías:

I) Titulado superior. Importe máximo auxiliable: 32.000 euros anuais.

II) Titulado medio. Importe máximo auxiliable: 27.000 euros anuais.

III) Técnico FP de grao superior. Importe máximo auxiliable: 22.000 euros anuais.

IV) Auxiliar administrativo. Importe máximo auxiliable: 18.000 euros anuais.

Para estes efectos considerarase como custo salarial o que inclúe o salario base, os complementos salariais, os pagamentos por horas extraordinarias, os pagamentos extraordinarios e os pagamentos atrasados incluídos na nómina da persoa traballadora. Exclúense os complementos non salariais agás aqueles derivados da situación de incapacidade laboral temporal que a entidade teña a obriga de soportar.

Todos estes compoñentes recóllense en termos brutos, é dicir, antes de practicar retencións ou pagamentos á Seguridade Social por conta do traballador.

A axuda poderá concederse anualmente por un período de tempo máximo de cinco anos, contados desde a data da implantación do servizo, e como límite ata a data de finalización que se estableza na programación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia. A intensidade da axuda será de ata un 60 % no primeiro ano de implantación, 48 % no segundo, 36 % no terceiro, 24 % no cuarto e 12 % no quinto.

Artigo 9. Documentación

1. En todos os casos as entidades quedan obrigadas ao cumprimento de ter actualizada no Resaxega toda aquela documentación establecida no Decreto 235/2007 e no artigo 5.3 desta orde.

2. As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numerados a esta orde, acompañados da seguinte documentación:

a) Para entidades que presenten a solicitude por primeira vez nun determinado programa ou submedida:

1º. Certificación do acordo de solicitude de subvención, segundo o anexo X.

2º. Documentación relacionada coa contratación de persoal:

I) Relación dos postos de traballo obxecto de solicitude de axuda e orzamento anual das contratacións, especificando mes a mes en formato papel e dixital (formato Excel), segundo o anexo XIII.

II) Memoria xustificativa sobre a necesidade de contratación dos postos de traballo, misións e cualificación incluíndo, ademais, o estudo da viabilidade das contratacións que se pretenden levar a cabo.

III) Copia cotexada dos contratos obxecto de solicitude, unha vez presentados no rexistro correspondente, ou compromiso de presentalos xunto coa xustificación da axuda. No caso de prórrogas de contratos ou cambio das características do contrato orixinal, presentaranse todos aqueles documentos precisos para un correcto seguimento da evolución da situación laboral actual da persoa contratada.

No caso de contratación de servizos externos, copia cotexada do contrato de servizos, que indicará a data do seu inicio, a dedicación (parcial ou total) e a duración e o ámbito do servizo, debendo ter o contrato como data máxima a do inicio da actividade.

IV) Copia cotexada da titulación académica correspondente a cada contrato ou compromiso de presentala xunto coa xustificación da axuda. Así mesmo, presentarase a copia cotexada da titulación académica correspondente ao persoal técnico contratado por servizos externos. No caso dos técnicos podólogos que non acrediten a titulación académica específica, deben xustificar a experiencia laboral sinalada no anexo XX coa seguinte documentación:

i) Para traballadores asalariados: certificación da Seguridade Social onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación, e contrato de traballo ou certificación da empresa onde adquirise a experiencia laboral na cal conste especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que se realizou a devandita actividade.

ii) Para traballadores autónomos ou por conta propia: certificación da Seguridade Social onde consten os períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente e descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que se realizou a devandita actividade.

iii) Para traballadores voluntarios ou bolseiros: certificación da organización onde se prestase a asistencia en que consten, especificamente, as actividades e funcións realizadas, o ano en que se realizaron e o número total de horas dedicadas a elas.

3º. Documentación relacionada cos investimentos en bens inventariables:

I) Relación de investimentos en bens inventariables acompañado de memoria xustificativa da súa necesidade, incluíndo unha especificación detallada das súas características técnicas.

II) Orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos. O beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á entrega do ben ou á contratación do compromiso para a prestación do servizo, agás nos casos en que polas especiais características dos gastos elixibles non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. A elección destas ofertas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e xustificarase expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

III) Documentación acreditativa de ser ou non pequena empresa:

i) Declaración segundo o anexo XV de ser pequena empresa.

ii) Copia do último imposto de sociedades dispoñible.

iii) Balance e conta de resultados do último ano dispoñible.

iv) TC2 do último exercicio económico.

4º. Declaración dos compromisos da entidade solicitante segundo o anexo VI.

5º. Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo obxecto segundo o anexo VIII.

6º. Declaración das axudas solicitadas ou concedidas suxeitas ao Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, segundo o anexo IX.

7º. Declaración de non entrar dentro da categoría de empresa en crise, de conformidade coa definición prevista no artigo 1.7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, e de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, segundo o anexo XIV.

b) Para entidades que presentaron a solicitude para o mesmo programa ou submedida en anos anteriores:

1º. Certificación do acordo de solicitude de subvención, segundo o anexo X.

2º. Documentación relacionada coa contratación de persoal:

I) Relación dos postos de traballo obxecto de solicitude de axuda e orzamento anual das contratacións, especificando mes a mes en formato papel e dixital (formato Excel), segundo o anexo XIII.

II) No caso de postos de traballo polos que se solicite a axuda por primeira vez:

i) Memoria xustificativa sobre a necesidade de contratación dos postos de traballo, misións e cualificación incluíndo, ademais, o estudo da viabilidade das contratacións que se pretenden levar a cabo.

ii) Copia cotexada dos contratos obxecto de solicitude, unha vez presentados no rexistro correspondente, ou compromiso de presentalos xunto coa xustificación da axuda. No caso de prórrogas de contratos ou cambio das características do contrato orixinal presentaranse todos aqueles documentos precisos para un correcto seguimento da evolución da situación laboral actual da persoa contratada. No caso de contratación de servizos externos, copia cotexada do contrato de servizos, que indicará a data do seu inicio, a dedicación (parcial ou total) e a duración e ámbito do servizo, debendo ter o contrato como data máxima a do inicio da actividade.

iii) Copia cotexada da titulación académica correspondente a cada contrato ou compromiso de presentala xunto coa xustificación da axuda. Así mesmo, presentarase a copia cotexada da titulación académica correspondente ao persoal técnico contratado por servizos externos. No caso dos técnicos podólogos que non acrediten a titulación académica específica deben xustificar a experiencia laboral sinalada no anexo XX coa seguinte documentación:

1.-Para traballadores asalariados: certificación da Seguridade Social onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación, e contrato de traballo ou certificación da empresa onde adquirise a experiencia laboral, na cal conste especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que se realizou a devandita actividade.

2.-Para traballadores autónomos ou por conta propia: certificación da Seguridade Social onde consten os períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente e descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que se realizou a devandita actividade.

3.-Para traballadores voluntarios ou bolseiros: certificación da organización onde se prestase a asistencia en que consten, especificamente, as actividades e funcións realizadas, o ano en que se realizaron e o número total de horas dedicadas a elas.

3º. Documentación relacionada cos investimentos en bens inventariables: a sinalada no punto 4 da alínea a) anterior.

4º. Declaración dos compromisos da entidade solicitante segundo o anexo VI.

5º. Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo obxecto segundo o anexo VIII.

6º. Declaración das axudas solicitadas ou concedidas suxeitas ao Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, segundo o anexo IX.

7º. Declaración de non entrar dentro da categoría de empresa en crise, de conformidade coa definición prevista no artigo 1.7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, e de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, segundo o anexo XIV.

8º. Ademais da relacionada, deberán presentar toda aquela documentación contida na alínea a) sobre a que se teña producido algunha variación respecto de solicitudes anteriores.

Sección 3ª Axudas á implantación de servizos de substitución

Artigo 10. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario que implanten servizos de substitución para os seus asociados, así como as empresas que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde.

Artigo 11. Requisitos

1. Implantar un servizo de substitución dotado con persoal de carácter permanente contratado conforme o contido no punto 6 deste mesmo artigo.

2. As entidades e empresas beneficiarias deberán establecer no seu regulamento de réxime interno, en diante RRI, normas de xestión e de funcionamento do servizo de substitución.

3. As entidades e empresas de substitución deberán elaborar uns criterios de adxudicación da prestación do servizo que non poderán basearse en normas que supoñan discriminación de xénero ou condición.

4. Todos os traballadores que non fosen considerados elixibles en convocatorias anteriores e que ocupen nalgún momento un posto de traballo subvencionado con cargo a esta liña de axudas deberán posuír a titulación ou experiencia laboral sinalada no anexo XX. Ademais, antes da xustificación da axuda os traballadores deberán acadar a formación específica asistindo ao curso de axentes de substitución organizado pola Consellería do Medio Rural e do Mar ou equivalente.

5. Cada traballador de substitución deberá ter como mínimo 6 explotacións asignadas.

6. Os contratos subvencionables deberán garantir a estabilidade do emprego xerado. Para isto, no primeiro ano deberán ser de carácter indefinido ou de duración determinada. No caso de postos de traballo polos cales xa se solicitou axuda nos exercicios anteriores, os contratos subvencionables deberán ser exclusivamente de carácter indefinido. En ningún caso se admitirán os contratos eventuais.

7. Cando se produza a rescisión dun contrato ou a baixa dun traballador para o cal se concedeu subvención, este deberá substituírse no prazo dun mes, e o novo traballador deberá manter as mesmas condicións contractuais e compromisos do anterior para poder manter as axudas concedidas. A comunicación das substitucións de traballadores farase no prazo de dez días desde a formalización do contrato e empregarase o modelo do anexo XIX, achegando copia cotexada do contrato e da titulación da persoa substituta.

En caso de baixas temporais, a substitución do traballador levarase a cabo no prazo máximo de corenta e cinco días, e o novo contrato comunicarase no prazo máximo de 10 días empregando o modelo do anexo XIX e achegando copia cotexada do contrato e da titulación da persoa substituta.

8. A data límite para o inicio da actividade do servizo para acceder ás axudas será o 30 de setembro da convocatoria do ano correspondente.

Artigo 12. Compromisos das entidades de substitución

As entidades beneficiarias comprometeranse a:

1. Manter os postos de traballo polos cales se solicitou axuda, por un período de, polo menos, 5 anos desde a data de concesión da primeira axuda.

2. Cumprir as condicións de substitución do traballador especificadas no punto 7 do artigo 11 desta orde, no caso de baixa laboral ou rescisión do contrato de traballo subvencionado antes de finalizar o período de duración establecido.

3. Contribuír á formación continua do seu persoal facilitando a asistencia aos cursos de formación que determine a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Artigo 13. Gastos elixibles

1. Considerarase elixible o custo salarial derivado da contratación do persoal técnico encargado da substitución.

2. No caso de novos contratos laborais de persoal, serán elixibles aqueles formalizados desde a convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro do ano da convocatoria, como data límite para a formalización do contrato de traballo.

3. Cando a data do inicio de actividade, segundo o sinalado no punto 8 do artigo 11, sexa posterior á solicitude de axuda ao abeiro da convocatoria do ano correspondente, serán elixibles os contratos desde a data de inicio da actividade. Mentres que, se fose anterior á convocatoria do ano correspondente, entón os contratos serán elixibles desde a data da solicitude do mesmo ano.

4. No caso de postos de traballo subvencionados na convocatoria anterior, serán elixibles doce mensualidades contadas a partir da última elixible na dita convocatoria.

5. Conforme o artigo 24.2 do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, a moderación dos custos propostos avaliarase mediante un sistema axeitado de avaliación, como os custos de referencia, a comparación de ofertas diferentes ou un comité de avaliación.

Artigo 14. Contía da axuda

1. A axuda concederase anualmente por un período máximo de cinco anos e estará dirixida a subvencionar os custos salariais de contratación do persoal cunha intensidade máxima do 80 % para o primeiro ano de implantación do servizo desde a data declarada para o inicio da actividade, o 64 % no segundo, o 48 % no terceiro, o 32 % no cuarto e o 16 % no quinto.

2. Os investimentos máximos auxiliables para a contratación de persoal serán os correspondentes aos custos salariais, entendendo como custo salarial o que inclúe o salario base, os complementos salariais, os pagamentos por horas extraordinarias, os pagamentos extraordinarios e os pagamentos atrasados incluídos na nómina da persoa traballadora. Exclúense os complementos non salariais agás aqueles derivados da situación de incapacidade laboral temporal que a entidade teña a obriga de soportar.

Segundo a titulación do traballador, establécense os seguintes importes máximos auxiliables:

I) Técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias, ou medio en explotacións gandeiras, explotacións agrícolas extensivas e intensivas ou os seus equivalentes na FP de segundo e primeiro grao: 22.000 euros anuais.

II) Resto dos traballadores: 18.000 euros anuais.

Todos estes compoñentes recóllense en termos brutos, é dicir, antes de practicar retencións ou pagamentos á Seguridade Social por conta do traballador.

Artigo 15. Documentación

1. As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a esta orde, acompañados da seguinte documentación:

a) Para entidades que presenten a solicitude por primeira vez nesta submedida.

1º. Copia cotexada do NIF da entidade.

2º. Copia cotexada do NIF do representante legal, no caso de non prestar autorización á Consellería do Medio Rural e do Mar para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.

3º. Copia cotexada do acordo asembleario en que se acorda o RRI, así como copia literal deste, en que se aprobe a imputación dos custos e os criterios de adxudicación do servizo.

4º. Certificación do acordo de solicitude de subvención, segundo o anexo X.

5º. Declaración do inicio da actividade segundo o anexo XI.

6º. Base de datos en papel e dixital (formato Excel) das explotacións que utilizarán o servizo de substitución segundo o anexo XII.

7º. Documentación relacionada coa contratación de persoal:

I) Relación dos postos de traballo obxecto da solicitude de axuda e orzamento anual das contratacións especificado mes a mes, en formato papel e dixital (formato Excel) segundo o anexo XIII.

II) Memoria xustificativa sobre a necesidade de contratación dos postos de traballo, misións e cualificación, incluíndo, ademais, o estudo da viabilidade das contratacións que se pretenden levar a cabo.

III) Copia cotexada dos contratos obxecto da solicitude unha vez presentados no rexistro correspondente ou compromiso de presentalos xunto coa xustificación da axuda. No caso de prórrogas de contratos ou cambio das características do contrato orixinal, presentaranse todos aqueles documentos precisos para un correcto seguimento da evolución da situación laboral actual da persoa contratada.

IV) Copia cotexada da titulación académica ou acreditación da experiencia laboral ou compromiso de presentala xunto coa xustificación da axuda. A experiencia laboral requirida no anexo XX xustificarase do seguinte xeito:

i) Para traballadores asalariados: certificación da Seguridade Social onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación, e contrato de traballo ou certificación da empresa onde adquirise a experiencia laboral, na cal conste especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que se realizou a devandita actividade.

ii) Para traballadores autónomos ou por conta propia: certificación da Seguridade Social onde consten os períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente e descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que se realizou a devandita actividade.

iii) Para traballadores voluntarios ou bolseiros: certificación da organización onde se prestase a asistencia en que consten, especificamente, as actividades e funcións realizadas, o ano en que se realizaron e o número total de horas dedicadas a elas.

V) Acreditación da formación específica da/s persoas contratadas ou compromiso de presentala como moi tarde coa xustificación da axuda.

8º. Declaración dos compromisos da entidade solicitante segundo o anexo VII.

9º. Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo obxecto segundo o anexo VIII.

10º. Declaración das axudas solicitadas ou concedidas suxeitas ao Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro (DOL 368, do 23 de decembro), referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, segundo o anexo IX.

11º. Declaración de non entrar dentro da categoría de empresa en crise, de conformidade coa definición prevista no artigo 1.7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, e de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, segundo o anexo XIV.

b) Para entidades que presentaron a solicitude para esta submedida en anos anteriores:

1º. Certificación do acordo de solicitude de subvención, segundo o anexo X.

2º. Base de datos en papel e dixital (formato Excel) das explotacións que utilizarán o servizo de substitución segundo o anexo XII.

3º. Documentación relacionada coa contratación de persoal:

I) Relación dos postos de traballo obxecto da solicitude de axuda e orzamento anual das contratacións especificado mes a mes, en formato papel e dixital (formato Excel) segundo o anexo XIII.

II) No caso de postos de traballo polos que se solicite a axuda por primeira vez:

i) Memoria xustificativa sobre a necesidade de contratación dos postos de traballo, misións e cualificación, incluíndo, ademais, o estudo da viabilidade das contratacións que se pretenden levar a cabo.

ii) Copia cotexada dos contratos obxecto da solicitude, unha vez presentados no rexistro correspondente, ou compromiso de presentalos xunto coa xustificación da axuda. No caso de prórrogas de contratos ou cambio das características do contrato orixinal presentaranse todos aqueles documentos precisos para un correcto seguimento da evolución da situación laboral actual da persoa contratada.

iii) Copia cotexada da titulación académica ou acreditación da experiencia laboral ou compromiso de presentala xunto coa xustificación da axuda. A experiencia laboral requirida no anexo XX xustificarase do seguinte xeito:

1.-Para traballadores asalariados: certificación da Seguridade Social onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación, e contrato de traballo ou certificación da empresa onde adquirise a experiencia laboral, en que conste especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que se realizou a devandita actividade.

2.-Para traballadores autónomos ou por conta propia: certificación da Seguridade Social onde consten os períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente e descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que se realizou a devandita actividade.

3.-Para traballadores voluntarios ou bolseiros: certificación da organización onde se prestase a asistencia en que consten, especificamente, as actividades e funcións realizadas, o ano en que se realizaron e o número total de horas dedicadas a elas.

iv) Acreditación da formación específica da/s persoas contratadas ou compromiso de presentala como máximo coa xustificación da axuda.

4º. Declaración dos compromisos da entidade solicitante segundo o anexo VII.

5º. Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo obxecto segundo o anexo VIII.

6º. Declaración das axudas solicitadas ou concedidas suxeitas ao Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro (DOL 368, do 23 de decembro), referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, segundo o anexo IX.

7º. Declaración de non entrar dentro da categoría de empresa en crise, de conformidade coa definición prevista no artigo 1.7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, e de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común, segundo o anexo XIV.

8º. Ademais da relacionada, deberán presentar toda aquela documentación contida na alínea a) sobre a que se teña producido algunha variación respecto de solicitudes anteriores.

Sección 4ª Solicitude, instrución, resolución e pagamento da axuda

Artigo 16. Solicitude de axudas

1. Os interesados en acceder ás axudas previstas para a implantación de entidades que presten servizos de xestión, substitución ou asesoramento deberán presentar unha solicitude axustada ao modelo do anexo I, xunto coa documentación especificada no anexo II.

2. A data límite para a implantación ou inicio da actividade desde que se solicita a axuda será o 30 de setembro do ano da convocatoria.

3. A presentación da solicitude de axuda ou subvención polo interesado suporá a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que teñan que emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellaría de Facenda da Xunta de Galicia, segundo o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, de acordo co establecido na disposición primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

5. A solicitude de axudas presentarase anualmente de acordo coa correspondente convocatoria.

Artigo 17. Instrución

1. Se os impresos de solicitude non están debidamente cubertos, se non se achega a documentación establecida ou se o expediente presenta defectos corrixibles, requirirase o interesado para que nun prazo máximo de dez días emende os erros ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. O órgano responsable da instrución dos expedientes destas axudas será a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

Artigo 18. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios de valoración establecidos no artigo 19 desta orde, e formular a proposta de concesión á directora xeral de Produción Agropecuaria que, pola súa vez, a elevará á conselleira do Medio Rural e do Mar.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

Presidente: subdirector ou subdirectora xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias.

Vogais: tres funcionarios da Subdirección Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias con categoría non inferior a xefe de sección, un dos cales actuará como secretario.

Artigo 19. Criterios de prioridade

1. As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e, en todo caso, con suxeición aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, e estarán supeditadas á existencia de crédito adecuado e suficiente nas correspondentes partidas orzamentarias.

2. Ás solicitudes iniciais de participación neste réxime de axudas aplicaránselles os seguintes criterios de prioridade:

a) Para as entidades recoñecidas como entidades que presten servizos de asesoramento:

1º. Entidades que presten servizos de asesoramento para a implantación do CES, de acordo co artigo 2 punto 2.a), nunha porcentaxe de explotacións superior ao 30 % do total de explotacións asesoradas: 5 puntos.

2º. Entidades que ofrezan servizos de asesoramento integral que inclúa outras materias de xestión levadas a cabo na explotación, de acordo co artigo 2 punto 2.b), ademais das materias do obrigado asesoramento, nunha porcentaxe de explotacións igual ou superior ao 70 % de explotacións asesoradas: 4 puntos.

3º. Entidades que presten servizos de asesoramento dirixidos cara aos novos retos, de acordo co artigo 2 punto 2.b), nunha porcentaxe de explotacións superior ao 50 % do total de explotacións asesoradas: 3 puntos.

4º. Pola contratación de mulleres ou mozos menores de 30 anos nos postos de traballo obxecto de solicitude nunha porcentaxe do 50 % ou máis: 2 puntos.

5º. Pola localización maioritaria das explotacións a que se presta o servizo en zonas desfavorecidas definidas no artigo 36, letra a), do Regulamento CEE 1698/2005, do 20 de setembro, ou na Rede Natura: 2 puntos.

b) Para as entidades recoñecidas como entidades que presten servizos de xestión:

1º. Entidades que presten servizos de xestión para a implantación do CES nunha porcentaxe de explotacións superior ao 30 % do total de explotacións ás cales se dá este servizo: 5 puntos.

2º. Pola contratación de mulleres ou mozos menores de 30 anos nos postos de traballo obxecto de solicitude, nunha porcentaxe de 50 % ou máis: 2 puntos.

3º. Pola localización maioritaria das explotacións a que se presta o servizo en zonas desfavorecidas definidas no artigo 36, letra a), do Regulamento CEE 1698/2005, do 20 de setembro, ou na Rede Natura: 2 puntos.

c) Para as entidades que presten servizos de substitución:

1º. Pola contratación de mulleres ou mozos menores de 30 anos nos postos de traballo obxecto de solicitude, nunha porcentaxe de 50 % ou máis: 2 puntos.

2º. Pola localización maioritaria das explotacións a que se presta o servizo en zonas desfavorecidas definidas no artigo 36, letra a), do Regulamento CEE 1698/2005, do 20 de setembro, ou na Rede Natura: 2 puntos.

3º. Segundo a orientación produtiva maioritaria das explotacións a que se presta servizo:

Vacún de leite: 6 puntos.

Ovino/cabrún de leite: 5 puntos.

Vacún de carne: 4 puntos.

Ovino/cabrún de carne: 3 puntos.

Outros sectores gandeiros: 2 puntos.

Sectores agrícolas: 1 punto.

Artigo 20. Resolución

1. Unha vez concluída a instrución do expediente, a comisión de valoración emitirá un informe en que se concretará o resultado da avaliación, que se presentará á directora xeral de Produción Agropecuaria, a cal formulará proposta de resolución á conselleira do Medio Rural e do Mar.

2. A conselleira, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, así como en función das solicitudes presentadas e da dotación orzamentaria existente, no prazo de seis meses contados a partir da data da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. Transcorrido o dito prazo sen que se dite e notifique a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 21. Xustificación da axuda

1. A xustificación de todos os gastos considerados como elixibles nos artigos 7 e 13 e dos compromisos adquiridos realizarase no prazo máximo dun mes desde a data de pagamento da última nómina considerada elixible para o ano que corresponda. Cando o pagamento de retencións e ingresos á conta do IRPF (modelo 110/111) desta última nómina sexa posterior á finalización deste prazo de xustificación, este documento poderase presentar no prazo máximo de 10 días desde o seu ingreso. Xunto coa xustificación dos gastos achegarase a solicitude de pagamento (anexo XVI), polo importe total do ano de execución do proxecto.

2. A xustificación acreditarase mediante a seguinte documentación:

a) Documentación común ás tres submedidas:

I) Solicitude de pagamento, polo total dos gastos, de acordo co anexo XVI. A solicitude de pagamento presentarase separadamente para cada submedida, indicando cada un dos gastos separadamente (os gastos aprobados en bens inventariables e os gastos de persoal mes a mes).

II) Declaración actualizada do beneficiario de non ter obtido ou estar pendente de obter outra axuda que sexa incompatible coa subvención concedida (anexo VIII).

III) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas suxeitas ao Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro (DOL 368, do 23 de decembro), referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, segundo o anexo IX.

IV) Para axudas aos custos salariais.

i) Copia cotexada das nóminas aboadas.

ii) Xustificante do pagamento das nóminas.

iii) Xustificante do pagamento dos gastos da Seguridade Social (TC1, TC2).

iv) Xustificante do pagamento de retencións e ingresos á conta do IRPF (modelo 110 ou 111).

Todos os xustificantes destes gastos consistirán no orixinal ou copia cotexada do xustificante bancario do pagamento debidamente selado pola entidade bancaria.

V) Calquera outra que se sinale expresamente na resolución de concesión.

VI) A declaración do imposto de sociedades correspondente ao exercicio en que se xustifica a subvención. As entidades beneficiarias quedan obrigadas á presentación da mesma documentación relativa aos dous exercicios posteriores a aquel exercicio en que se xustifica a subvención, no prazo dun mes desde que finalice a data de presentación destas declaracións. As entidades que marquen no anexo I a autorización á Consellería do Medio Rural e do Mar para solicitar esta información á AEAT non estarán obrigadas á presentación desta documentación.

b) Documentación específica dos servizos de asesoramento/xestión:

I) Toda aquela establecida no artigo 5.3 para a actualización dos cambios que se vaian producindo ao longo do período de execución do plan, nos prazos que en cada caso correspondan.

II) Para as axudas aos investimentos en bens inventariables: os xustificantes dos gastos elixibles que se inclúan na solicitude de pagamento consistirán de forma xeral nas facturas orixinais acreditativas do servizo, que deberán cumprir as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro) e serán dilixenciadas pola Administración, co texto «cofinanciado con fondos comunitarios». As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

Estes xustificantes virán acompañados do documento que verifique o pagamento efectivo delas co orixinal ou copia cotexada do xustificante bancario do pagamento debidamente selado pola entidade, o cal pode ser un xustificante de transferencia bancaria, un xustificante bancario de ingreso de efectivo por portelo ou unha certificación bancaria. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto) en que conste que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta da persoa beneficiaria, dentro do prazo establecido no artigo 7 punto 2.a).

III) Deberán presentar, dirixido ao Resaxega segundo establece o artigo 5.3.e), un informe resumo en formato dixital que inclúa a relación das actuacións levadas a cabo, indicando a data, titular da explotación, CEA e definición da actuación, segundo o anexo XVII.

c) Documentación específica dos servizos de substitución:

I) As entidades que prestasen servizos de substitución presentarán en formato papel e dixital unha relación actualizada das explotacións que utilizaron o servizo xunto cunha memoria coa desagregación dos servizos efectuados polos técnicos en cada explotación, incluída a data de prestación do servizo e a súa duración en horas.

4. Non se admitirán como subvencionables os investimentos realizados ou iniciados con anterioridade á presentación da solicitude de axuda, agás nos casos establecidos nos artigos 7.4 e 13. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o primeiro compromiso que obriga legalmente á realización dos investimentos.

5. O beneficiario deberá dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou ben un código contable axeitado, no que deben estar incluídos os gastos declarados para a presente axuda.

6. a) Poderán realizarse pagamentos á conta, os cales poderán supoñer a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas, e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada.

b) O importe conxunto dos ditos pagamentos á conta non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

c) De acordo co suposto previsto no artigo 65 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios destas axudas cun importe subvencionado superior aos 18.000 euros deberán constituír unha garantía bancaria ou unha garantía equivalente que corresponda ao 110 % do importe do pagamento á conta, de acordo co referido no artigo 67.3. A dita garantía liberarase cando a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria comprobe que o beneficiario cumpre todos os requisitos exixidos na convocatoria para o pagamento da axuda e o importe dos gastos considerados finalmente como elixibles supera o importe do pagamento á conta.

Artigo 22. Pagamento da axuda

1. O pagamento da subvención realizarase logo da xustificación polo beneficiario, nos termos recollidos no artigo anterior. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención nos supostos de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A falta de comunicación ou de realización dos investimentos entenderase como renuncia ás axudas concedidas, e quedará sen efecto a resolución de concesión da axuda.

Artigo 23. Concorrencia e acumulación de axudas

1. As axudas reguladas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das outorgadas polas distintas administracións públicas, referidas á mesma finalidade.

2. O importe máximo das axudas concedidas a través desta orde xunto con outras concedidas ao amparo do Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, non poderá superar o límite de 200.000 euros en tres anos. Cando o importe global da axuda que se vaia conceder baixo o antedito regulamento supere este límite máximo, o antedito importe non poderá acollerse ao presente regulamento nin sequera para unha fracción que non supere o límite máximo e, por tanto, será denegada.

Artigo 24. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lle poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control da Unión Europea.

Artigo 25. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, sempre que non exceda o prazo establecido para a realización da actividade.

2. Calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de obxectivos, conceptos ou variación do orzamento, así como de calquera condición específica sinalada na resolución de concesión, requirirá a autorización desta consellería, unha vez presentada a correspondente solicitude xustificativa. No caso de redución dos investimentos, sempre que se manteñan os obxectivos iniciais, a subvención concedida verase diminuída na contía proporcional conseguinte.

Artigo 26. Reintegro, reducións, exclusións e sancións

1. No caso de pagamento indebido terase en conta o artigo 5 do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural na redacción dada polo Regulamento de execución (UE) nº 937/2012 da Comisión, do 12 de outubro, que modifica o Regulamento 65/2011, establecendo que o beneficiario quedará obrigado a reembolsar ese importe máis os xuros, calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior e na normativa comunitaria aplicable, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro (DOUE L 25/8 do 28.1.2011). En particular, e en aplicación do establecido no artigo 30 do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, no caso de que se descubra que un beneficiario fixo deliberadamente unha declaración falsa, revogarase a axuda concedida e non se pagará cantidade ningunha, debendo reintegrar o beneficiario as contías percibidas xunto cos xuros de demora producidos desde o seu pagamento. Ademais, ao beneficiario non se lle poderán conceder nin pagar axudas ao abeiro desta orde nas dúas convocatorias seguintes.

3. Sobre as reducións será de aplicación o Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, e sobre o cal os pagamentos se calcularán sobre a base do que se considera elixible, tras determinar:

a) O importe que se pode conceder ao beneficiario en función da solicitude de pagamento. Para tal efecto tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada.

b) O importe que se pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada.

A cantidade que se pague ao beneficiario será a definida na alínea b). Cando o importe sinalado na alínea a) supera o importe sinalado na alínea b) en máis dun 3 %, a cantidade pagadoira é igual ao importe sinalado na alínea b) menos a diferenza entre os dous importes. Esta redución non se aplicará cando o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non elixible.

As reducións prescritas aplicaranse igualmente sobre os gastos non elixibles identificados nos controis sobre o terreo e nos controis a posteriori.

4. Cando se determine intencionalidade na presentación dunha declaración falsa, o beneficiario quedará excluído da axuda Feader en cuestión e do resto de axudas vinculadas á medida durante o exercicio Feader de que se trate e os dous seguintes.

5. Así mesmo, tamén serán aplicables aos beneficiarios as causas de reintegro previstas na Lei 9/2007.

Artigo 27. Medidas informativas e publicitarias das axudas cofinanciadas polo Feader

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural e do Mar farase constar que, á marxe doutras fontes de financiamento público, concorre o financiamento con fondos Feader.

2. Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 €, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa en que figurará unha descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema Feader «Europa inviste no rural».

3. Así mesmo, neste senso deberase tamén cumprir o establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia.

Artigo 28. Recursos administrativos

As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa e contra elas poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, se é expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos; ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo, no prazo de dous meses.

Artigo 29. Controis das axudas

A Dirección Xeral de Produción Agropecuaria realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas, particularmente, aqueles controis sobre a documentación e rexistros elaborados e facilitados polas entidades de asesoramento e/ou xestión ao agricultor, co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas. Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural e do Mar, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), Consello de Contas, e as que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Ás axudas recollidas nesta orde seralles de aplicación o referido a controis sobre o terreo no Regulamento (UE) nº 65/2011, no que respecta á aplicación dos procedementos de control da condicionalidade en relación coas medidas da axuda ao desenvolvemento rural.

Sección 5ª Convocatoria

Artigo 30. Convocatoria

1. Convócanse pola presente orde para o exercicio orzamentario 2013 as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e asesoramento. Os impresos de solicitudes, así como a documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas, serán as establecidas con carácter xeral na presente orde.

2. Non se admitirá a solicitude de axuda para a creación de novos postos de traballo que non tivesen sido subvencionados en convocatorias anteriores.

Artigo 31. Prazo e lugar de presentación das solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. A presentación da solicitude de axuda realizarase, segundo o previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de xeito telemático, ou presencial preferentemente nos rexistros das oficinas agrarias comarcais, utilizando os impresos normalizados do procedemento MR555A, que estarán á disposición dos interesados nas mencionadas oficinas. Coa solicitude de axuda achegarase a documentación complementaria establecida no anexo II desta orde. A solicitude poderá presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es. Neste caso a documentación que debe ir xunto coa solicitude poderá anexarse mediante arquivos informáticos, que o solicitante deberá obteren copias dixitalizadas a partir dos documentos orixinais, garantindo e responsabilizándose el mesmo da fidelidade co orixinal co emprego da sinatura electrónica, todo iso de conformidade co disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 32. Financiamento

1. As axudas reguladas nesta orde estarán financiadas do xeito seguinte:

Aplicación orzamentaria 712B.7720 C.P. 200700423.

Importe para o exercicio 2013: 80.000 euros, dos cales 40.000 euros se destinan ás axudas ás entidades de servizos de asesoramento, 20.000 ás de servizos de substitución e 20.000 ás de servizos de xestión.

Importe para o exercicio 2014: 920.000 euros, dos cales 425.000 euros se destinan ás axudas ás entidades de servizos de asesoramento, 230.000 ás de servizos de substitución e 265.000 ás de servizos de xestión.

2. Á vista do volume das solicitudes presentadas para cada tipo de servizo, mediante resolución do Consellería do Medio Rural e do Mar poderá redistribuírse entre elas o crédito aprobado, limitándose sempre ás dispoñibilidades orzamentarias e á existencia de crédito adecuado ou suficiente. En función desas dispoñibilidades poderán incrementarse as contías destinadas ás subvencións que se convocan, sen que isto supoña ampliación do prazo de presentación de solicitudes.

3. O cofinanciamento do Feader nestas axudas acadará unha porcentaxe do 75 % do gasto executado.

Disposición adicional primeira

En todo aquilo non previsto nesta orde, será de aplicación o disposto no Regulamento 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e nos distintos regulamentos que o desenvolven, no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 aprobado pola Unión Europea, no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE 28.12.2006, L379), e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 1852/2009, do 4 de decembro, que establece os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Disposición adicional segunda

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e para a súa publicación na citada páxina web.

Así mesmo, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso. O interesado poderá facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2º do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional terceira

A concesión das subvencións amparadas nesta orde queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución aprobatoria.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a directora xeral de Produción Agropecuaria para ditar as instrucións precisas para a execución do disposto nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Plan de asesoramento

1. Ámbito xeográfico de actuación.

2. Metodoloxía de asesoramento.

Establecer a metodoloxía de asesoramento técnico e seguimento que se vai implantar e que recolla como mínimo:

2.1. Principais características das explotacións do ámbito de actuación.

Recoller polo menos os seguintes aspectos:

a) Tipoloxía: agrícola, gandeira ou mixta.

b) Orientación produtiva (vacún de leite, vacún de carne, ovino, viña, horta etc.).

c) Dimensión:

* Nº de explotacións.

* Superficie media/explotación.

* Nº cabezas de gando medio/explotación.

2.2. Obxectivos.

Determinación dos obxectivos que se van acadar para, se é o caso, corrixir e/ou mellorar o cumprimento do conxunto de prácticas na explotación ou explotacións con características semellantes, en relación cos RLX, BCAM, seguranza laboral, medidas de acción positiva desde a vertente de xénero, substitución xeracional e inicio da actividade de persoas agricultoras novas. Estes obxectivos serán avaliables e cuantificables.

De ser o caso, especificaranse os obxectivos cara á posta en marcha do contrato de explotación sustentable (CES) ou doutras actividades diferentes do ámbito dos servizos de xestión, como son o asesoramento no ámbito dos novos retos, segundo o artigo 5 do Decreto 235/2007, que contribúan a un asesoramento de carácter integral.

2.3. Diagnose técnica inicial.

Descrición das actuacións que se van levar a cabo e dos puntos de control que se van comprobar para establecer a diagnose inicial das explotacións principalmente canto á situación relativa aos requisitos legais de xestión (en diante RLX), boas condicións agrarias e ambientais (en diante BCAM), seguranza laboral, medidas de acción positiva desde a vertente de xénero, substitución xeracional e inicio da actividade de persoas agricultoras novas.

2.4. Medidas de actuación.

Descrición das medidas concretas de actuación para acadar os obxectivos propostos, cronograma e a planificación para levalas a cabo.

2.5. Sistema de seguimento das orientacións produtivas.

Sinalar o control e seguimento que se levará a cabo para acadar a implantación das medidas previamente definidas no asesoramento para cada unha das orientacións produtivas (vacún de leite, vacún de carne, ovino, viña, horta etc.), especificando polo menos:

* Nº visitas/explotación e periodicidade.

* Definición dos puntos críticos que se van examinar para a comprobación das prácticas agrarias en relación cos RLX, BCAM, seguranza laboral, medidas de acción positiva desde a vertente de xénero, substitución xeracional e inicio da actividade de persoas agricultoras mozas.

2.6. Mostraxes.

Determinación das mostraxes (metodoloxía da mostraxe, periodicidade, intensidade e parámetros que se van controlar).

2.7. Documentación de traballo.

Relación e modelos da documentación necesaria que deixe constancia das visitas, seguimento e recomendacións (actas, informes etc.).

2.8. Método de autoavaliación e propostas.

Determinar os indicadores que permitan avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos en cada un dos ámbitos dos RLX, BCAM, seguranza laboral, medidas de acción positiva desde a vertente de xénero, substitución xeracional e inicio da actividade de persoas agricultoras mozas, e en cada unha das orientacións produtivas.

No caso da posta en marcha dun CES, asesoramento en novos retos ou doutras actividades que acaden un asesoramento integral, diferentes do ámbito dos servizos de xestión segundo o artigo 5 do Decreto 235/2007; especificaranse, ademais, aqueles indicadores que mellor definan a consecución dos obxectivos definidos.

2.9. Obxectivos específicos do ámbito de asesoramento nos novos retos.

– A redución dos custos na produción leiteira e maximización do uso de recursos propios da explotación.

– O aforro de auga da explotación.

– A conservación da biodiversidade e medidas que favorezan a descontaminación atmosférica.

– A redución dos gastos en enerxía, mediante o aforro e a eficiencia enerxética.

– A substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables.

As propostas deberán incidir, en xeral, na estratexia de redución de custos mediante estratexias de aforro e a eficiencia enerxética nas explotacións que minimicen a dependencia externa da enerxía e a substitución de insumos por recursos naturais localmente dispoñibles, que permitirán incrementar a competitividade das explotacións, redundando pola súa vez nunha redución significativa das externalidades ambientais asociadas á actividade agraria.

Reestruturación do sector leiteiro.

No caso do asesoramento no ámbito da reestruturación do sector leiteiro, o asesoramento incidirá fundamentalmente na redución dos custos na produción leiteira e maximización do uso de recursos propios da explotación.

Cambio climático e enerxías renovables.

No caso das enerxías renovables e cambio climático, o asesoramento incidirá no asesoramento sobre investimentos que supoñan unha redución dos gastos en enerxía ou favorezan o aforro enerxético, e que deberán estar xustificados nunha documentación técnica que detalle as medidas de aforro e de eficiencia enerxética da explotación e as de substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables. Así mesmo, incluirase unha diagnose enerxética da explotación que, como exemplo:

• Determine a cantidade das diferentes enerxías non renovables consumidas pola explotación agrícola.

• Distribúa os consumos enerxéticos en cada elemento da explotación (valores, %).

• Determine a cantidade de enerxía «saída» da explotación.

• Determinará a cantidade das emisións de gas de efecto invernadoiro (CO2, CH4, N2O).

Así mesmo, no plan de asesoramento poderanse incluír estudos de optimización enerxética que analicen o proceso produtivo das explotacións, nos cales se recomenden as accións idóneas para optimizar o consumo en función do seu potencial de aforro, a facilidade de implementación e o custo de execución.

Estes estudos poderán incluír:

– Réxime de funcionamento enerxético. Horas/día/semana, horas/ano.

– Estrutura de custos.

– Datos da produción enerxética da explotación.

– Principais materias primas utilizadas. Nome e cantidade anual.

– Produción obtida. Cantidade anual.

– Análise enerxética:

- Consumo anual e distribución de consumos de enerxía.

- Consumo anual de enerxía eléctrica, comprada e autoproducida.

- Consumo anual de enerxía térmica e combustibles utilizados.

- Consumo anual térmico e eléctrico dos principais equipamentos consumidores de enerxía.

- Consumo anual térmico e eléctrico nas operacións auxiliares.

- Autoprodución de enerxía eléctrica. Combustibles adquiridos e características dos fluídos térmicos xerados.

- Consumos específicos e custos enerxéticos.

- Consumos específicos térmicos (kWh/unidade) e consumo específico eléctrico (kWh/unidade) por produto producido.

- Custos enerxía térmica por fonte enerxética e custo enerxía eléctrica.

– Medidas propostas:

- Definición da medida.

- Aforro de enerxía térmica e/ou eléctrica anual de cada medida.

- Aforro económico anual da medida.

- Outros aforros e melloras.

- Investimentos asociados ás melloras.

- Prazo de execución da medida proposta.

- Período de retorno simple do investimento.

ANEXO IV
Plan de xestión

1. Definición do plan de xestión: descrición do servizo de xestión e asistencia técnica ás explotacións nos ámbitos da agricultura sustentable de acordo co artigo 5 do Decreto 235/2007, do 29 de novembro.

1.1. Ámbito xeográfico de actuación.

1.2. Metodoloxía: establecemento da metodoloxía ou procedemento que se vai seguir incluíndo polo menos:

1.2.1. Principais características das explotacións do ámbito de actuación: recolleranse polo menos os seguintes aspectos:

a) Tipoloxía: agrícola, gandeira ou mixta.

b) Orientación produtiva (vacún de leite, vacún de carne, ovino, viña, horta etc.).

c) Dimensión:

* Nº de explotacións.

* Superficie media/explotación.

* Nº cabezas de gando medio/explotación.

1.2.2. Obxectivos que se van acadar nas actuacións previstas:

Estes obxectivos serán avaliables e cuantificables.

1.2.3. Diagnose técnica inicial: descrición das actuacións que se van levar a cabo e dos puntos de control que se van comprobar para establecer a diagnose inicial das explotacións.

1.2.4. Medidas de actuación: descrición das medidas concretas de actuación para acadar os obxectivos propostos, cronograma e a planificación para levalas a cabo.

1.2.5. Seguimento do programa de xestión: establecer un plan de seguimento e control, definindo, como mínimo:

* Nº de visitas por explotación e periodicidade.

* Definición dos puntos críticos de inspección e control para o seguimento das medidas concretas de actuación.

1.2.6. Mostraxes: determinación das mostraxes que se van realizar ben na diagnose técnica inicial ou/e no seguimento das actuacións do programa de xestión (metodoloxía da mostraxe, periodicidade, intensidade e parámetros que se van controlar).

1.2.7. Documentación de traballo: relación e modelos da documentación necesaria que deixe constancia das visitas, seguimento e recomendacións (actas, informes etc.).

1.2.8. Método de autoavaliación e propostas de mellora. Determinación dos indicadores que permitan avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos no plan de xestión.

ANEXO V
Dimensionamento

A. Entidades que presten servizos de asesoramento:

Equipo técnico

Nº de explotacións

Mínimo

Máximo

2 titulados universitarios (segundo o establecido no artigo 4 do Decreto 235/2007)

45

180

B. Entidades que presten servizos de xestión:

1. No ámbito da produción agrícola sustentable:

Ámbito de actuación principal

Equipo técnico

Orientacións produtivas

Nº mínimo
de explotacións

Nº mínimo
de hectáreas

Programas técnico-agronómicos de produción e sanidade vexetal

1 titulado universitario (segundo o establecido no artigo 6.3 e anexo XX)

Vide

20

75

Horta aire libre (máximo do 20 % protexido)

20

40

Horta en cultivo protexido

10

5

Froiteiras

10

30

Cultivos extensivos

45

200

Produción ornamental

10

50

2. No ámbito zootécnico:

Ámbito de actuación principal

Equipo técnico

Vacún

Ovino/cabrún

Nº mínimo de explotacións

Nº mínimo de animais

Nº mínimo de explotacións

Nº mínimo de animais

Programa de reprodución

1 titulado universitario (segundo o establecido no artigo 6.3 e anexo XX)

45

2.000

30

6.000

Programa de alimentación

80

5.000

30

6.000

Programa de podoloxía

1 técnico especialista

45

900

-

-

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XVII
Asesoramento

1. Relación de actuacións levadas a cabo diferenciando actuacións de campo e actuacións de oficina.

1.1. Actuacións de campo:

Definición da actuación

Ámbito

Finalidade

Explotación

Data

RLX

BCAM

CIF

CEA

dd-mm-aaaa

(DTI, charla, curso, visita toma de mostras, visita intermedia de comprobación de implantación de actuación, visita intermedia comprobación de correccións, visita final)

Ambiente (directiva, lei, real decreto, decreto, ...)

Fitosanidade (directiva, ...)

Dimensionamento da fosa de xurro, estado da maquinaria de tratamentos fitosanitarios, estado de caderno de explotación, incidencia dunha peste ou enfermidade, incidencia, identificación de animais, toma de mostras de auga, terra, froito, ...) para comprobación de residuos fitosanitarios, fertilidade etc.

1.2. Actuacións de oficina: na oficina deberá quedar o rexistro e a comprobación da realización da actuación.

Definición da actuación

Ámbito

Finalidade

Explotación

Data

RLX

BCAM

CIF

CEA

dd-mm-aaaa

2. Conclusións: destacar para o período de execución (un ano), o número medio de visitas por explotación que se levaron a cabo con carácter ordinario e, de ser o caso, con carácter extraordinario.

Indicar as incidencias máis frecuentes no conxunto das explotacións relacionándoas co seu ámbito, así como, se é o caso, as observacións máis significativas que sexa desexable destacar canto ao seguimento da condicionalidade.

Facer constar os resultados, logros e dificultades relativos ao desenvolvemento do plan de asesoramento ao longo do período de execución e perspectivas para o ano en curso.

Xestión

1. Relación de actuacións por programa levadas a cabo diferenciando actuacións de campo e actuacións de oficina:

1.1. Actuacións de campo:

Definición da actuación

Programa

Finalidade

Explotación

Data

CIF

CEA

dd-mm-aaaa

1.2. Actuacións de oficina: na oficina deberá quedar o rexistro e a comprobación da realización da actuación.

Definición da actuación

Programa

Finalidade

Explotación

Data

CIF

CEA

dd-mm-aaaa

2. Conclusións: destacar para o período de execución (un ano), o número medio de visitas por explotación que se levaron a cabo con carácter ordinario e, de ser o caso, con carácter extraordinario.

Indicar as incidencias máis frecuentes no conxunto das explotacións, as observacións máis significativas que sexa desexable destacar canto ao seguimento do plan de xestión.

Facer constar os resultados, logros e dificultades relativos ao desenvolvemento do plan de xestión ao longo do período de execución e perspectivas para o ano en curso.

missing image file
missing image file

ANEXO XX

Programa

Titulacións admitidas

Ámbito da xestión da agricultura sustentable

Programas técnico-agronómico de produción e sanidade vexetal

Enxeñeiro técnico agrícola

Enxeñeiro agrónomo

Ámbito da xestión zootécnica

Programa de reprodución animal

Veterinario

Programa de alimentación

Enxeñeiro técnico agrícola

Enxeñeiro agrónomo

Veterinario

Programa de podoloxía

Titulado en grao medio ou superior en especialidades vinculadas coa gandaría da rama agraria

Persoa coa seguinte experiencia laboral en podoloxía ou tarefas asimiladas: polo menos durante 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 10 anos transcorridos con anterioridade á data de solicitude de acreditación

Outros programas de xestión

Segundo o criterio que considere a Consellería do Medio Rural e do Mar en función do tipo de programa solicitado

Submedida

Titulacións admitidas

Substitución

Técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias

Técnico medio en explotacións gandeiras, explotacións agrícolas extensivas e intensivas

Equivalentes ás titulacións anteriores na FP de segundo e primeiro grao

Experiencia laboral relacionada coas competencias profesionais vinculadas aos axentes de substitución, segundo a orientación produtiva das explotacións as que se dea o servizo, e que se indican a seguir:

Código Denominación

AGAX0108 Actividades auxiliares en gandaría

AGAV10 Gandeiro de vacún

AGAV20 Gandeiro de ovino-cabrún

AGAG0108 Produción avícola intensiva

AGAG0208 Produción cunícula intensiva

AGAP0108 Produción porcina de reprodución e cría

AGAP0208 Produción porcina de recría e ceba

AGAG20 Avicultor

A experiencia laboral será como axente de substitución ou tarefas asimiladas, polo menos durante 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 10 anos transcorridos con anterioridade á data de solicitude de acreditación