Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21379

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (160/2011).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente anuncio:

«No presente procedemento de xuízo verbal nº 160/2011 seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A. fronte a Juan Eduardo Balcazar ditouse sentenza, cuxo ditame é do teor literal seguinte:

Ditamino que estimo a demanda interposta polo procurador Manuel Nistal Riádigos, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A. e dispoño:

– Condeno a Juan Eduardo Balcazar a que aboe á demandante a cantidade de dous mil trescentos trinta e tres euros con sesenta e tres céntimos de euro (2.333,63 €), cantidade que percibirá xuros conforme a cláusula décimo primeira do contrato subscritas as partes o 15 de setembro de 2006.

– Condeno a Juan Eduardo Balcazar ao pagamento das custas causadas nesta instancia.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta é firme.

Así ditada esta sentenza, pronúnciao, mándao e asínao Isabel Carballido Alonso, xuíza substituta deste xulgado».

E encontrándose o devandito demandado, Juan Eduardo Balcazar, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lalín, 13 de decembro de 2012

A secretaria xudicial