Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21518

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

As políticas de cooperación para o desenvolvemento humano, orientadas a unha superación real da pobreza e da desigualdade, precisan de iniciativas universais de promoción da solidariedade e a equidade. Á cooperación internacional propia dos distintos gobernos nacionais únese tamén a vontade de cooperación que xorde de forma descentralizada nas comunidades autónomas e noutras administracións territoriais, así como en institucións ou axentes sociais e económicos diversos que senten como un deber ético común o compromiso de traballar pola consecución dos Obxectivos de desenvolvemento do milenio seguindo criterios de eficacia e calidade. Coa aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, a Comunidade Autónoma de Galicia reafirma este compromiso e asume como propia a responsabilidade de cooperar con outros países para propiciar o seu desenvolvemento integral, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes e aliviar e corrixir as situacións de pobreza e desigualdade así como á conformación dunha cidadanía global, fomentando a educación para o desenvolvemento e a sensibilización da sociedade galega sobre as realidades dos países empobrecidos e potenciando valores humanistas, de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade.

Tendo en consideración isto, deben aprobarse as bases reguladoras do ano 2013 para a execución de proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento de Galicia.

Pola súa vez, procede convocar a concesión de subvencións con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, de acordo con estas bases reguladoras que garanten os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

En atención a estes principios e obxectivos e en uso das atribucións que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983 do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Aprobar as bases reguladoras, que figuran como anexo desta orde, para a concesión de subvencións a proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.

2. Convocar as subvencións con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2013 e 2014, de acordo coas bases reguladoras aprobadas nesta orde, por un importe total de 500.000 € (200.000 € no ano 2013 e 300.000 € no ano 2014) que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 05.26.331A.481.0.

3. Contra estas bases reguladoras e a convocatoria cabe interpoñer os seguintes recursos:

a) Potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a orde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional primeira

Apróbase a delegación de atribucións do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, de acordo co establecido no artigo 3.4 da Orde do 14 de maio de 2013 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos desta consellería.

Autorízase o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións precisas para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición adicional segunda

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos para actividades de educación para
o desenvolvemento que executarán as organizacións non gobernamentais
de desenvolvemento

Artigo 1. Obxecto

Estas bases regulan a concesión de subvencións para actividades desenvolvidas dentro das catro dimensións que forman parte da educación para o desenvolvemento:

a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.

b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.

c) Investigación sobre o desenvolvemento.

d) Mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento e agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.

Artigo 3. Requisitos que deben reunir as entidades solicitantes e requisitos dos proxectos

3.1. Requisitos que deben reunir as entidades solicitantes (organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento):

a) Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento (sección A: Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento) con, polo menos, un ano de antelación ao día de publicación da convocatoria.

b) Xustificar, se é o caso, e antes da data de presentación da solicitude para a presente convocatoria, as axudas recibidas para as anualidades 2011 e anteriores, por parte da Xunta de Galicia a outros proxectos en materia de educación para o desenvolvemento. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso nos casos en que, sobre as entidades beneficiarias de axudas económicas, recaese resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.

c) Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Ter sede, domicilio social ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Entenderase por delegación permanente aquela que conte con persoal da organización e local fixo onde realicen as súas actividades. Neste caso, a devandita delegación asumirá a responsabilidade directa na presentación da solicitude e comprometerase ao mantemento da documentación, a contabilidade e a coxestión do proxecto na súa oficina de Galicia, entendendo por esta a participación en, polo menos, a identificación, formulación, seguimento e avaliación do proxecto. Así mesmo, as entidades beneficiarias deben manter aberta a súa sede ou delegación permanente en Galicia, como mínimo, ata a prescrición do proxecto; é dicir, por un período de catro anos desde a finalización da súa execución. En caso contrario, o incumprimento comportará a obriga de devolución do importe da subvención concedida.

e) Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados pola entidade solicitante, agrupada con calquera das entidades definidas como axentes de cooperación segundo o artigo 23.1, alíneas b), c), d), e), f), g) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, que cumprindo os requisitos anteriores se presenten agrupadas. Neste caso, cada unha das entidades deberá cumprir os requisitos sinalados anteriormente, e deberá xuntar á solicitude a documentación a que se refire o artigo 5.2 –carpeta 1– destas bases reguladoras, así como o contrato ou acordo de colaboración asinado entre as persoas que teñan a súa representación legal, polo que se obrigan solidariamente ante a Xunta de Galicia polas posibles responsabilidades derivadas da execución do proxecto e, se é o caso, ao reintegro total ou parcial das subvencións nos supostos de falsidade ou ocultación de datos ou incumprimento pleno ou parcial dos fins para os que se lle concedeu a subvención.

Os axentes de cooperación que pola súa natureza xurídica posúan ánimo de lucro achegarán documento de compromiso de non obter ningún beneficio da operación, segundo o artigo 23.b) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento. O devandito documento estará asinado pola persoa que teña a representación legal da entidade.

No contrato ou acordo de colaboración entre as entidades agrupadas deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada entidade membro da agrupación, así como o importe da subvención que executará cada unha delas. As entidades agrupadas asumen a responsabilidade solidaria do proxecto e designarán unha persoa como responsable con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponderían á agrupación de entidades, e que necesariamente pertencerá á entidade solicitante. Así mesmo, designarán un enderezo único para os efectos de notificacións administrativas dos expedientes. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos desde a finalización da execución do proxecto.

Non se considerarán agrupación de entidades aquelas que estean formadas por unha asociación ou federación á cal pertenza a devandita organización, ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas.

f) As entidades solicitantes poderán presentar un máximo de dous proxectos. Financiarase a cada entidade un único proxecto individual ou dous sempre que, polo menos, un deles sexa en agrupación. Ademais, permitirase a presentación dun terceiro proxecto en agrupación que poderá ser financiado cando se trate dun proxecto de investigación para o desenvolvemento e que inclúa na agrupación un departamento das Universidades do Sistema universitario de Galicia.

3.2. Requisitos dos proxectos:

a) Non estar iniciada a execución do proxecto antes do 1 de xaneiro de 2013, sendo necesario que o seu inicio sexa no propio ano 2013. Nos supostos en que o proxecto teña carácter anual, os proxectos deberán executarse antes do 30 de decembro do ano de concesión da subvención. No caso de proxectos con carácter plurianual, os proxectos deberán executarse antes do 30 de novembro do ano seguinte ao de concesión da subvención.

b) Que se leven a cabo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; quedarán excluídos deste requisito os proxectos de investigación para o desenvolvemento.

c) Que non vaian dirixidas exclusivamente aos membros (socios/as, traballadores/as, voluntarios/as, directivas) da propia organización.

d) No caso dos proxectos de investigación para o desenvolvemento en que participen as universidades como membros dunha agrupación, estes deberán estar dirixidos por un/unha doutor/a e non poderán servir para a identificación e formulación de proxectos nin para a avaliación de proxectos de cooperación financiados con cargo a fondos públicos que recollan unha partida específica destinada a gastos de avaliación.

Artigo 4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (rúa dos Feáns, 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela), cubertas nos modelos que figuran como anexos destas bases reguladoras. Estas deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Neste caso, a documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado desde o seguinte día ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5. Documentación que se presentará coa solicitude

5.1. A solicitude de subvención presentarase de acordo co modelo que figura como anexo I destas bases reguladoras.

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e da súa publicación na páxina web www.cooperaciongalega.org

5.2. A citada solicitude irá acompañada da documentación que se recolle a continuación e do proxecto, que se presentará no modelo oficial de formulación. A documentación da carpeta 2 será presentada en soporte electrónico.

Carpeta 1: información relativa á entidade solicitante:

a) Certificación emitida pola secretaría da entidade acreditativa da vixencia dos datos depositados no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, en relación á documentación que se recolle a continuación, con indicación do número de inscrición no dito rexistro. Esta certificación fará referencia a:

• Representación da persoa responsable legal da entidade (para aquelas entidades con domicilio social en Galicia). En defecto da certificación da secretaría, presentarase poder bastante sobre a representación para que a persoa responsable ou delegado/a en Galicia actúe en nome da entidade.

• Que dispón de sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Composición do órgano de goberno da dirección da entidade (as renovacións ou modificacións da súa composición deben ser notificadas, especialmente no que atinxe aos postos de representante legal e secretaría).

• Número de socios/as en Galicia.

No caso de que calquera documento dos recollidos nesta alínea a) careza de vixencia no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, farase indicación expresa sobre el e achegarase, debidamente compulsado, o dito documento, co obxecto de ser incorporado de oficio ao Rexistro.

b) Memoria da organización en Galicia na cal se inclúan as accións da entidade nos últimos dous anos. Farase especial mención aos proxectos de educación para o desenvolvemento realizados, así como aos proxectos levados a cabo no ano anterior financiados por entidades galegas, públicas ou privadas.

c) Plan/estratexia de educación para o desenvolvemento en Galicia e/ou plan/estratexia específica nas áreas de educación, formación, sensibilización, investigación, ou incidencia e mobilización social da organización en Galicia para os seguintes anos (dous como mínimo) na que se enmarca o proxecto presentado.

No caso dos proxectos de investigación para o desenvolvemento en que participen as universidades como membros dunha agrupación, deberase presentar a certificación da persoa secretaria do departamento correspondente respecto da aprobación do devandito proxecto por parte do consello do departamento e no cal figure a data de aprobación e os datos básicos do proxecto aprobado: título, duración, director/a e/ou persoa responsable da investigación e orzamento. Así mesmo, presentarase o proxecto de investigación onde se recolla: o estado da cuestión, a hipótese e problemas, a metodoloxía de investigación, as fontes consultadas, a aplicabilidade e utilidade práctica dos resultados esperados, a contribución esperada á mellora da cooperación galega e o programa de difusión pública dos resultados da investigación. Tamén se engadirá o CV normalizado das persoas integrantes do equipo responsable da investigación.

d) Declaración responsable da persoa que teña a representación legal da entidade en que se precisen outras axudas solicitadas de entidades públicas ou privadas para a mesma finalidade, segundo o modelo que figura como anexo II.

e) Copia das contas anuais da entidade (ingresos de carácter público e privado e gastos) da última liquidación do orzamento rendida e aprobada polo órgano competente da entidade. Desta obriga quedarán exceptuadas as universidades no caso das agrupacións de entidades.

f) Cando varias entidades se agrupen para a realización dun proxecto, á parte de presentar a documentación prevista nesta carpeta de cada unha das entidades, deberán xuntar á solicitude o contrato ou acordo de colaboración asinado entre as persoas que teñan a representación legal das entidades, polo que se obrigan solidariamente ante a Xunta de Galicia polas posibles responsabilidades derivadas da execución do proxecto e, se é o caso, ao reintegro total ou parcial das subvencións nos supostos de falsidade, ocultación de datos ou incumprimento pleno ou parcial dos fins para os cales se lle concedeu a subvención. Neste documento designarán unha persoa que teña a representación legal, que necesariamente pertencerá á entidade solicitante, e un enderezo único para os efectos de notificacións. Así mesmo, deberán detallar as actuacións en que colaboran conxuntamente e o grao de participación de cada unha delas no que se refire ao financiamento, ás actividades que se van desenvolver e á distribución da subvención prevista, mencionando expresamente o valor engadido que achega cada un dos socios á agrupación.

g) No caso de agrupación de entidades en que participen as universidades, estas incluirán certificación, expedida pola persoa que teña a representación legal segundo o establecido ao respecto na normativa de universidades e nos respectivos estatutos, autorizando a participación no proxecto e autorizando, así mesmo, o compromiso de gasto correspondente.

h) No caso de que a entidade presentase esta documentación, ou parte dela, a outra convocatoria de axudas das convocadas pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea no ano en curso ou no ano anterior, será suficiente con achegar unha declaración especificando a documentación xa presentada, así como o número do expediente en que se atopa incorporada, achegando a documentación que falte.

Carpeta 2: información sobre o proxecto de educación para o desenvolvemento:

A información sobre o proxecto presentarase nos documentos normalizados para o efecto (o de formulación e o do orzamento do proxecto), que poderán descargarse da páxina web da Cooperación Galega (www.cooperaciongalega.org).

Calquera problema, dúbida ou aclaración poderá formularse directamente ante a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou a través do enderezo electrónico cooperacion.exterior@xunta.es.

5.3. A falta de documentación relativa ás carpetas 1 e 2 e de información nalgunha delas impedirán a avaliación do proxecto, se non se procedese á súa emenda dentro do prazo establecido no artigo 8 da presente orde. Quedarán excluídos da posibilidade de emenda aqueles documentos previstos nas alíneas b) e c) da carpeta 1 e o documento de proxecto (carpeta 2).

Así mesmo, a presentación da solicitude en modelo distinto do establecido para esta convocatoria (anexo I), a manipulación do documento de formulación normalizado ou o emprego dun documento que non sexa o adaptado á presente convocatoria conducirá á exclusión e non avaliación do proxecto.

Artigo 6. Condicións de financiamento

6.1. Con cargo a esta convocatoria a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea poderá financiar ata un 90 % do orzamento total do proxecto, a subvención concedida non superará en ningún caso os 30.000 €. Para proxectos que se executen só durante o ano 2013 a subvención máxima concedida será de 20.000 €.

Nos proxectos presentados por varias entidades en agrupación, a subvención concedida non superará o límite dos 40.000 €. Para proxectos que se executen só durante o ano 2013 a subvención máxima concedida será de 30.000 €.

6.2. A subvención concedida aos proxectos plurianuais distribuirase do seguinte xeito: o 40 % no ano 2013 e o 60 % no 2014.

6.3. A contía mínima que a entidade solicitante deberá achegar a través de fondos propios ou outros nunca poderá comprender financiamento solicitado ou concedido pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, a través de calquera dos medios previstos no II Plan director da cooperación galega. Si que se aceptará financiamento solicitado ou concedido por outros organismos financiadores que sexan distintos da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, sempre que en ningún caso a totalidade do proxecto quede financiado con fondos da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Gastos do proxecto

7.1. Gastos subvencionables:

a) Aqueles derivados da identificación da intervención, ata un máximo de 1.500 € por proxecto, sempre que se realizasen no prazo dos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude a esta convocatoria.

Así mesmo, aqueles gastos derivados do establecemento de liñas de base, así como da realización de diagnósticos relacionados coa intervención, ata un máximo de 1.500 €, sempre que se realicen no prazo dos dous primeiros meses de execución do proxecto.

b) Gastos de alugamento de locais para realizar as actividades xustificadas dentro do proxecto (non inclúe aqueles correspondentes á sede da propia organización).

c) Axudas de custo, gastos de desprazamento do profesorado, do persoal adscrito ao proxecto (remunerado e voluntario) e do colectivo destinatario do proxecto e, cando resulte imprescindible, as remuneracións de profesionais vinculados ás actividades do proxecto: profesorado, conferenciantes, monitores/as, investigadores/as etc.

d) Gastos de publicidade da convocatoria da actividade, incluída a súa distribución.

e) Gastos propios da actividade de educación para o desenvolvemento, incluíndo o traslado de material vinculado á actividade (non se inclúen os de adquisición de bens inventariables).

f) Gastos de persoal ao servizo do proxecto, debidamente motivados. Queda excluído o persoal da entidade non vinculado á actividade de educación para o desenvolvemento. O persoal vinculado ao proxecto en cuestión debe ter o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e/ou no caso de proxectos de investigación no lugar onde se desenvolva a actividade. Nestes gastos inclúese salario e seguridade social.

A contía máxima (inclúe o financiamento solicitado á Xunta máis o doutros financiadores e os valorizados) que se pode imputar a este concepto non superará o 70 % do orzamento total do proxecto.

g) Comisións bancarias producidas na conta do proxecto, derivadas da realización de transferencias como pagamento dos gastos do proxecto.

h) Gastos derivados da avaliación externa da intervención, ata un máximo de 1.500 €.

A avaliación externa poderá realizarse fóra do prazo de execución do proxecto, aínda que sempre antes do 15 de decembro do ano en que remate a súa execución.

i) Custos indirectos: aqueles gastos da entidade solicitante asociados á administración, xestión e/ou supervisión; estes non poderán exceder do 10 % do orzamento total do proxecto.

Non serán subvencionables no caso de que a entidade sexa unha empresa ou entidade con fin de lucro.

Estes gastos serán imputados pola entidade beneficiaria á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente aceptadas e, en todo caso, na medida en que tales gastos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

Os gastos correspondentes a teléfono e á internet consideraranse incluídos neste punto.

j) En ningún caso se subvencionarán gastos de capital, como adquisición de equipamentos ou materiais non funxibles.

k) Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 18.000 € no suposto de prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, se é o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

l) Con carácter excepcional, nos supostos debidamente xustificados e motivados, poderase aceptar a xustificación do pagamento en efectivo para importes inferiores a 1.000 €, para o cal se presentará xustificante do provedor, conforme establece o artigo 42.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para gastos superiores a 1.000 € non poderán aceptarse pagamentos en efectivo.

7.2. Aceptaranse por parte da entidade solicitante e doutros financiadores (exceptuada a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea) achegas en especie ou valorizacións nos seguintes conceptos:

a) Locais para a realización de actividades xustificadas dentro do proxecto (poderanse incluír aqueles correspondentes á propia sede da organización, na proporción que racionalmente corresponda ao desenvolvemento da actividade).

b) Materiais: poderán valorizarse aqueles directamente adscritos á consecución dos resultados esperados (material funxible que sexa o destinado ao exercicio da actividade). Deberase presentar a valorización do achegado, acreditada de forma suficiente a través de facturas, xustificantes de compra ou valorización externa á da entidade solicitante.

Os elementos valorizados poderán ter sido adquiridos por motivos diferentes ao proxecto, polo que as facturas e xustificantes de compra poderán ser anteriores a el. Nestes casos, deberase establecer un sistema de depreciación (exclúense materiais inventariables, non subvencionables nesta convocatoria).

c) Persoal voluntario: deberase presentar unha estimación xustificada das horas de traballo voluntario que se achegan en cada actividade e o custo suposto, que non deberá exceder os 20 € por hora. Todo traballo voluntario se realizará baixo a forma de contrato privado, no cal se especifiquen as responsabilidades (deberes e dereitos) de cada unha das partes, destacando o papel do/a voluntario/a no proxecto. No contrato debe constar o nome, apelidos e DNI da persoa voluntaria.

Artigo 8. Instrución

A instrución do procedemento corresponderá á Subdirección Xeral de Cooperación Exterior. Unha vez recibidas e examinadas as solicitudes, se estas non reúnen os requisitos sinalados ou carecen de documentación, requiriranse as entidades interesadas para que, nun prazo de dez días, corrixan a falta ou presenten os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixesen, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Valoración das solicitudes

9.1. Para a valoración dos proxectos constituirase unha comisión avaliadora, que adaptará o seu funcionamento ao previsto nesta convocatoria e, supletoriamente, aos preceptos contidos no capítulo II, título II, artigos 22 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A comisión estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Vogais: dous funcionarios/as da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

A comisión, para unha mellor valoración dos proxectos e con anterioridade a ditarse a proposta de resolución, poderá solicitar os informes técnicos que se consideren oportunos. Estes informes, que en ningún caso serán vinculantes, de encargarse, terán que ser realizados por persoas expertas independentes non vinculadas a ningún dos axentes de cooperación.

9.2. Para superar a fase de valoración será necesario acadar unha puntuación do 50 % nas epígrafes referidas á entidade solicitante e ao proxecto.

Unha vez superada a fase de avaliación, establecerase unha listaxe coas puntuacións obtidas en orde descendente para cada un dos proxectos presentados. Serán financiados por orde de puntuación todos aqueles proxectos que sexa posible dentro da contía total asignada a esta convocatoria. Financiarase, a cada entidade, un único proxecto individual ou dous sempre que, polo menos, un deles sexa en agrupación. Ademais, poderase financiar un terceiro proxecto sempre que se trate dun proxecto de investigación sobre o desenvolvemento e que inclúa na agrupación a un departamento das universidades do Sistema universitario de Galicia.

9.3. No suposto de que non se esgoten os recursos financeiros asignados a esta convocatoria, a Xunta de Galicia empregará os ditos recursos para financiar outras actuacións de cooperación para o desenvolvemento a través dos outros medios previstos no II Plan director da cooperación galega 2010-2013 e de conformidade co establecido na Lei de réxime orzamentario de Galicia e nas leis anuais de orzamentos.

Artigo 10. Criterios de valoración das solicitudes

As actividades que cumpran os requisitos sinalados nestas bases reguladoras serán avaliadas tendo en conta os seguintes criterios:

10.1. Aspectos relacionados coa entidade solicitante: ata 25 puntos.

1. Experiencia, traxectoria e capacidade de difusión e impacto da entidade en accións de educación para o desenvolvemento en Galicia, suficientemente descrita nas carpetas 1 e 2, para os obxectivos e características do proxecto. Máximo: 5 puntos.

2. Capacidade de execución e seguimento do proxecto pola entidade (xestión, recursos humanos, técnicos e económicos de que dispón a entidade) para o desenvolvemento do proxecto. Máximo: 5 puntos.

3. Plan/estratexia de educación para o desenvolvemento en Galicia para os vindeiros anos (dous como mínimo) adecuadamente deseñada, en que se insire o proxecto proposto e que inclúa a incorporación das prioridades da política galega de cooperación. Máximo: 4 puntos.

4. Achega financeira da entidade solicitante ao proxecto. Esta deberá ser dun mínimo do 5 % do custo total do proxecto para ser puntuada. Máximo: 2 puntos.

5. Contribución da entidade solicitante e establecemento de accións específicas para o fomento do sector galego de cooperación (valorándose a base social, o traballo e a presenza en Galicia, a participación en redes galegas e o acomodo a liñas estratéxicas da cooperación das axencias doadoras). Máximo: 4 puntos.

6. Proposta presentada en agrupación de entidades e valor engadido desta ao proxecto. Máximo: 3 puntos.

7. Outros méritos que a entidade solicitante queira alegar relacionados coa integración da actividade noutros proxectos globais cuxos efectos teñan carácter de permanencia ou o carácter innovador das actividades previstas desde o punto de vista da temática e/ou da metodoloxía que se vai empregar. Máximo: 2 puntos.

10.2. Aspectos relacionados co proxecto: ata 75 puntos.

1. Pertinencia do proxecto, con especial atención ao contexto social, económico, político e cultural, en función do/s lugar/es de realización, ao público obxectivo e aos fins que se pretenden conseguir. Máximo: 5 puntos.

2. Coherencia dos obxectivos e resultados formulados no proxecto, así como a calidade do deseño dos indicadores e das fontes de verificación para medilos. Máximo: 5 puntos.

3. Accións que se van desenvolver e prazo de execución. Coherencia na programación temporal, tendo en conta o colectivo a que vai dirixido. Máximo: 3 puntos.

4. Contido da acción, segundo os criterios seguintes. Máximo: 25 puntos.

a) Loita contra as causas da pobreza e as desigualdades, así como as posibilidades reais de superalas a partir do coñecemento da realidade dos países empobrecidos. Máximo: 3 puntos.

b) Fomento da formación e capacitación de colectivos cunha alta capacidade de multiplicación e réplica como profesorado, futuros/as docentes, educadores/as de tempo libre e animación sociocultural, voluntarios/as, profesionais de medios de comunicación, colectivos feministas e/ou de mulleres así como calquera colectivo que traballe a prol das prioridades da política galega de cooperación. Máximo: 3 puntos.

c) Accións destinadas á difusión dos Obxectivos de desenvolvemento do milenio (ODM) e aquelas que difundan as causas da situación, nos países máis desfavorecidos, dos sectores máis vulnerables da poboación, en particular, infancia e xuventude, mulleres, comunidades indíxenas, persoas refuxiadas e desprazadas. Tamén os proxectos de difusión, promoción e defensa dos dereitos humanos, das necesidades básicas e estratéxicas das mulleres orientados á superación das relacións de desigualdade; así como accións que promovan, defendan e difundan os valores ambientais, a súa conservación e mellora. Máximo: 2 puntos.

d) Accións que promovan o comercio xusto e o consumo responsable. Máximo: 2 puntos.

e) Integración en campañas globais que acheguen maior impacto, sustentabilidade e permanencia. Máximo: 3 puntos.

f) Accións que fomenten o establecemento de redes estables entre centros de educación superior para a realización de investigacións que promovan a adquisición de coñecementos entre os axentes galegos de cooperación e os axentes de desenvolvemento dos países empobrecidos. Máximo: 3 puntos.

g) Accións que promovan a investigación en educación para o desenvolvemento en Galicia, a sistematización de experiencias executadas ou en execución e a difusión pública dos resultados. Máximo: 3 puntos.

h) Accións que promovan o coñecemento, defensa e promoción dos dereitos humanos, especialmente das mulleres a través da visualización das desigualdades de xénero. Máximo: 3 puntos.

i) Accións que promovan a visibilidade e o empoderamento das mulleres, dándolles voz desde a súa diversidade e tentando incidir nos patróns sexistas das sociedades en que se basea. Máximo: 3 puntos.

5. Incidencia prevista das actividades: descrición precisa dos/as destinatarios/as, número de persoas ás cales se dirixe e a súa pertenza aos colectivos con posibilidade de multiplicación e réplica. Máximo: 5 puntos.

6. Ámbito de incidencia e/ou execución en concellos de menos de 50.000 habitantes e/ou concellos situados no medio rural e número de concellos en que se realizan actividades. Máximo: 3 puntos.

7. Financiamento: coherencia dos gastos orzados cos obxectivos do proxecto. División dos custos por actividade. Máximo: 5 puntos.

8. Recursos humanos e técnicos adecuados ás necesidades de execución e seguimento dos obxectivos do proxecto e persoal específico con formación en xénero, en dereitos humanos, en educación para o desenvolvemento e noutras prioridades da política galega de cooperación. Máximo: 2 puntos.

9. Establecemento dunha liña de base que permita coñecer os avances producidos co proxecto. Máximo: 2 puntos.

10. Seguimento e avaliación previstos (internos e externos). Máximo: 3 puntos.

11. Grao e tipo de impacto esperado coa intervención e ferramentas establecidas para medilo. Máximo: 3 puntos.

12. Integración do proxecto en estratexias integrais públicas de educación formal ou sensibilización con outras entidades de interese como: ONGD, asociacións e/ou grupos de acción social dos concellos e/ou parroquias, etcétera. Máximo: 3 puntos.

13. Orixinalidade, innovación, valor engadido e uso de novas tecnoloxías. Difusión do proxecto, utilización de novas tecnoloxías, campañas innovadoras. Máximo: 4 puntos.

14. Accións que recollan a difusión de proxectos de cooperación en execución ou executados con axudas da Xunta de Galicia, así como investigacións nos proxectos financiados pola Xunta de Galicia. Máximo: 5 puntos.

15. Emprego da lingua galega na realización das actividades para as cales se solicita a axuda. Máximo: 2 puntos.

Artigo 11. Prazo de resolución

O prazo de resolución e notificación será de tres meses como máximo, contados desde ao día seguinte da finalización do prazo de presentación de solicitudes. De non notificarse resolución expresa neste prazo, as solicitudes teranse por desestimadas.

Artigo 12. Resolución

Á vista da proposta de resolución do instrutor debidamente motivada, o órgano competente por delegación do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza resolverá o procedente.

Artigo 13. Compatibilidade de subvencións

As axudas aquí reguladas serán compatibles con calquera outra procedente doutras administracións públicas, organizacións internacionais, entidades privadas non lucrativas ou doazóns de particulares, sempre e cando a suma de todas as obtidas non supere o custo do proxecto subvencionado.

A entidade beneficiaria obrígase a comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión. Esta comunicación deberá efectuarse en momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Artigo 14. Publicidade da concesión das subvencións

Unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase a relación das concedidas con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade no Diario Oficial de Galicia e na web oficial da Cooperación Galega, de conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, de conformidade co artigo 3.2 do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, estes datos serán publicados no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios.

Artigo 15. Aceptación da subvención e compromiso de financiamento

Unha vez notificada a concesión da axuda, a entidade beneficiaria presentará, nun prazo máximo de dez días, declaración por escrito da aceptación da axuda en que conste o seu compromiso de achegar directamente ou cubrir con outras achegas a diferenza entre o custo total do proxecto e a contía da subvención finalmente concedida. Transcorrido o dito prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, de acordo co establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Igualmente deberán confirmar, se é o caso, que as subvencións solicitadas a outras institucións xa foron concedidas, ou ben que se compromete a financiar as cantidades adicionais que correspondan. De non ser así, a entidade beneficiaria poderá, dentro do mesmo prazo, renunciar á axuda ou, sempre que tecnicamente sexa posible e sen que se altere a finalidade nin o orzamento total do proxecto aprobado, presentar unha readaptación á subvención concedida, que non afecte a orde de prelación dos proxectos subvencionados, que será sometida a unha nova análise. No caso de readaptación do proxecto, o órgano competente por delegación do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ditará nova resolución, que lle será notificada á entidade no prazo dun mes.

De se produciren renuncias ás subvencións ou revogacións das axudas, os seus importes poderán destinarse a incrementar a axuda inicialmente concedida a outros proxectos ou ben a subvencionar os que, reunindo os requisitos destas bases reguladoras, e inicialmente non subvencionados, fosen mellor valorados.

Artigo 16. Anticipos

16.1. Con base na disposición adicional segunda da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en atención á coherencia co obxecto e finalidade das subvencións, realizaranse pagamentos anticipados do 100 % da anualidade de que se trate e sen necesidade de exixir garantía, sendo obrigatorio presentar un informe de seguimento cando remate a primeira anualidade, ademais do informe final.

16. 2. Para o pagamento do anticipo da subvención, as entidades beneficiarias deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude de libramento do pagamento do anticipo da subvención concedida, asinada polo representante legal da entidade en Galicia.

b) Declaración responsable do representante legal da entidade, complementaria e actualizada, doutras axudas solicitadas, pendentes de resolución, outorgadas ou recibidas para o proxecto subvencionado.

c) Certificación bancaria da conta da entidade beneficiaria afecta á xestión do proxecto.

16. 3. No caso de proxectos plurianuais, para o pagamento da subvención concedida na segunda anualidade e unha vez xustificada a primeira, de acordo coas previsións do artigo 17.3 destas bases reguladoras, as entidades beneficiarias deberán presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude de libramento do pagamento anticipado da contía concedida para esta anualidade, asinada polo representante legal da entidade.

b) Informe de avance sobre o estado de execución do proxecto, asinado pola persoa responsable da xestión técnico-económica do proxecto en Galicia.

c) Declaración responsable do representante legal da entidade, complementaria e actualizada, doutras axudas solicitadas, pendentes de resolución, outorgadas ou recibidas para o proxecto subvencionado.

16.4. As organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, beneficiarias dos proxectos subvencionados ao abeiro desta orde, deberán presentar declaración responsable da persoa que teña a representación legal da entidade solicitante conforme esta está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social española e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, nin ser debedora por resolución de procedencia de reintegro, conforme o establecido polo artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Prazo e forma de xustificación das subvencións outorgadas

17.1. As subvencións concedidas para proxectos que teñan un período de execución comprendido no exercicio corrente deberán ser xustificadas, coa documentación que se sinala no ordinal cuarto deste artigo, no prazo máximo de tres meses desde a finalización do período para a realización das actividades do proxecto subvencionado, conforme co establecido no artigo 28.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na medida do posible tamén en formato electrónico e sempre dentro do exercicio orzamentario correspondente, de acordo co que establece o artigo 45.5 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Os proxectos con subvención plurianual xustificarán cada anualidade independentemente. Conforme co establecido no artigo 28.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a primeira anualidade dentro do primeiro trimestre do ano seguinte, coa documentación que se sinala no ordinal terceiro e a segunda anualidade, no prazo máximo de tres meses desde a finalización do período para a realización da totalidade das actividades, coa documentación que se sinala no ordinal cuarto deste artigo, na medida do posible tamén en formato electrónico e sempre dentro do exercicio orzamentario correspondente, de acordo co establece o artigo 45.5 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

17.2. Para a presentación do informe de seguimento e do informe final deberá utilizarse o modelo facilitado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, que se poderá descargar da páxina web www.cooperaciongalega.org

17.3. A xustificación da primeira anualidade realizarase mediante a presentación dun informe de seguimento integrado polos seguintes documentos:

a) Certificación da persoa que teña a representación legal da entidade solicitante, acreditativa da execución do proxecto de conformidade co previsto e da aplicación dos fondos ao fin destinado.

b) Informe sobre o estado de execución do proxecto, que deberá estar asinado pola persoa responsable da xestión técnico-económica do proxecto en Galicia.

c) Certificación dos gastos do proxecto na primeira anualidade, por partidas orzamentarias e no cal se indiquen as distintas fontes de financiamento, asinado pola persoa que teña a representación legal da entidade beneficiaria.

d) Relación de todos os gastos efectuados, con indicación da data, número da factura ou do documento xustificativo, identificación do seu emisor, data e forma de pagamento e descrición do gasto, co seu importe en euros.

e) Declaración responsable do representante legal da entidade, complementaria e actualizada, doutras axudas solicitadas, pendentes de resolución, outorgadas ou recibidas para o proxecto subvencionado.

f) Para os proxectos cuxa subvención sexa igual ou superior a 30.000 €, deberán presentar a totalidade dos xustificantes dos gastos, facturas ou documentos de valor probatorio no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorporados na relación de gastos a que se fai referencia anteriormente e a documentación acreditativa do seu pagamento.

17.4. Para a xustificación final do proxecto e co fin de acreditar a realización total das actividades, así como a finalidade para a cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria deberá presentar un informe final que constará de dúas partes:

1ª parte: Xustificación técnica, que incluirá:

– Certificación da persoa que teña a representación legal da entidade solicitante acreditativa da total execución do proxecto, de conformidade co previsto e da aplicación dos fondos ao fin destinado.

– Memoria de execución sobre os obxectivos, actividades e resultados acadados polo proxecto. Deberá estar asinada pola persoa responsable da xestión técnico-económica do proxecto en Galicia.

2ª parte: Xustificación económica que comprenderá toda a documentación que acredite os gastos efectuados con cargo á subvención concedida. Para proxectos cuxo importe de subvención sexa inferior a 30.000 €, farase mediante a forma de xustificación simplificada, e para proxectos cuxo importe de subvención sexa igual ou superior a 30.000 € mediante conta xustificativa con entrega de xustificantes. Estas contas incluirán:

– Certificación dos gastos co importe total do proxecto, distribuído por partidas orzamentarias, e na cal se indiquen as distintas fontes de financiamento, asinada pola persoa que teña a representación legal da entidade beneficiaria.

– Certificación dos gastos da segunda anualidade, distribuídos por partidas orzamentarias e na cal se indiquen nas distintas fontes de financiamento, asinada pola persoa que teña a representación legal da entidade beneficiaria.

– Declaración responsable do representante legal da entidade, complementaria e actualizada, doutras axudas solicitadas, pendentes de resolución, outorgadas ou recibidas para o proxecto subvencionado.

– Relación de todos os gastos efectuados, con indicación da data, número da factura ou do documento xustificativo do gasto, identificación do seu emisor, data e forma de pagamento e descrición do gasto co seu importe en euros.

– Para os proxectos cuxa subvención sexa inferior a 30.000 €, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, mediante técnica de mostraxe aleatoria simple, requirirá aos beneficiarios a achega dos orixinais dos xustificantes que considere oportunos, que suporán polo menos o 25 % da cantidade subvencionada.

– Para os proxectos cuxa subvención sexa igual o superior a 30.000 €, deberán presentar a totalidade dos xustificantes dos gastos, facturas ou documentos de valor probatorio no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorporados na relación de gastos a que se fai referencia anteriormente e a documentación acreditativa do seu pagamento.

17.5. Custos indirectos: aqueles gastos da entidade solicitante asociados á administración, xestión e supervisión. Estes gastos serán imputados pola entidade beneficiaria á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda, de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente aceptadas e, en todo caso, na medida en que tales gastos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

O dito gasto imputarase dentro do período de execución da intervención e será acreditado ante a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea pola entidade solicitante, mediante unha declaración responsable da persoa que teña a representación legal.

17.6. A entidade beneficiaria terá que conservar todos os comprobantes de gasto e de pagamento durante un período de catro anos. Nestes supostos, os xustificantes quedarán á disposición das actuacións e comprobación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e dos órganos de control establecidos pola normativa vixente.

Os gastos acreditaranse mediante facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, en orixinal ou copia compulsada. Con carácter previo á realización da copia, é obrigatoria a impresión dun selo-dilixencia en todos os documentos orixinais (facturas, recibos ou outros) de gastos. Neste debe figurar a convocatoria anual da subvención xustificada, título abreviado do proxecto, así como a referencia ao financiamento da Xunta «Gasto imputado ao proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia». Naqueles documentos xustificativos de gasto imputable a máis dun financiador deberá constar na dilixencia antes mencionada o tanto por cento de financiamento que lle imputa a cada un. No suposto de documentos de gasto en que resulte imposible a impresión de tal selo-dilixencia, como consecuencia do seu tamaño, irá acompañado dunha relación destes en que se faga constar a mencionada dilixencia.

Os pagamentos acreditaranse coa presentación do comprobante bancario de acordo co previsto no artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. E con carácter excepcional, para pagamentos en efectivo por importes inferiores a 1.000 €, conforme establece o artigo 42.3 do devandito Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para gastos superiores a 1.000 € non poderán aceptarse pagamentos en efectivo.

As datas das facturas, medios de pagamento e demais documentos xustificativos da realización do proxecto deberán estar comprendidas no período de liquidación, é dicir, entre a data de inicio e a de remate do prazo de execución dos proxectos, coa excepción dos gastos de identificación que poderán realizarse no prazo dos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude a esta convocatoria e os gastos da avaliación externa que poderá realizarse fóra do prazo de execución do proxecto, aínda que sempre antes do 15 de decembro do ano en que remate a súa execución.

Artigo 18. Obrigas da entidade beneficiaria, seguimento, avaliación e control dos
proxectos

18.1. As entidades beneficiarias deberán realizar a intervención para a cal se lles concedeu a axuda no período de tempo determinado no documento de formulación, e sempre dentro da anualidade pertinente. Para estes efectos considérase vinculante o orzamento e a documentación presentada no documento de formulación do proxecto e na solicitude ou, se é o caso, da reformulación de terse efectuado.

Os beneficiarios das axudas estarán obrigados a xustificar a totalidade dos gastos do proxecto, non só a parte correspondente á axuda recibida.

18.2. As entidades beneficiarias de axudas deberán informar de xeito inmediato á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea sobre calquera acontecemento que altere ou dificulte notoriamente o adecuado desenvolvemento do proxecto subvencionado. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

18.3. As entidades beneficiarias quedan obrigadas a facilitar ao órgano xestor canta información lles sexa requirida respecto dos proxectos subvencionados. Así mesmo, as entidades beneficiarias obríganse a conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

18.4. Así mesmo, as entidades beneficiarias quedan obrigadas a incorporar de forma visible en todas as accións derivadas do proxecto subvencionado (placas, letreiros, carteis, publicacións, material de difusión, publicidade, etc.) os logotipos oficiais da Xunta de Galicia e da Cooperación Galega, todo isto en formato duradeiro e material resistente, para a debida difusión da orixe da subvención, conforme o Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia.

Cando a organización financiada exhiba o seu propio logotipo, o da Xunta de Galicia e o da Cooperación Galega deberán figurar co mesmo tamaño e en iguais condicións de seguridade. Ambos os dous logotipos poderán descargarse da páxina web da Cooperación Galega (www.cooperaciongalega.org)

18.5. No proceso continuo de homoxeneizar os procedementos, metodoloxía e formularios de xestión do ciclo dos proxectos cos da Cooperación Oficial Española e da Unión Europea, o seguimento e avaliación dos proxectos rexerase polos criterios básicos de pertinencia, eficacia, eficiencia, impacto e sustentabilidade, seguindo a metodoloxía do marco lóxico e a xestión do ciclo do proxecto establecidos polo CAD e a propia Unión Europea.

18.6. A xestión dos proxectos poderá ser examinada durante a súa execución ou unha vez finalizada por representantes da Xunta de Galicia con competencias en materia de cooperación exterior ou por empresas avaliadoras contratadas para o efecto, para o cal a entidade beneficiaria facilitará o acceso ás contas e documentos xustificativos requiridos, así como a calquera outra documentación relevante na execución do proxecto.

O control financeiro interno correspóndelle á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Artigo 19. Modificación das condicións

Precisarase autorización previa e expresa para calquera modificación substancial do proxecto, entendendo por tal aquela que afecte os seus obxectivos, persoas beneficiarias, lugar, prazo de execución ou variación do custo total do proxecto ou das partidas orzamentarias de máis dun 20 % do inicialmente aprobado. As solicitudes de modificacións substanciais do proxecto deberán estar suficientemente motivadas e ser formuladas por escrito dirixido ao director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, que resolverá e notificará no prazo dun mes sobre a súa autorización ou denegación.

Artigo 20. Reintegro por incumprimento

As entidades beneficiarias que incorran en falsidade ou ocultación de datos ou non acrediten, total ou parcialmente, o bo fin das cantidades percibidas, deberán proceder ao reintegro da súa totalidade en caso de incumprimento pleno ou á parte proporcional en caso dunha falta parcial de xustificación, sen prexuízo da exixencia das responsabilidades administrativas e penais a que proceda.

Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán reintegrar as subvencións nos demais supostos de reintegro previstos nestas bases reguladoras e demais normativa de aplicación.

Artigo 21. Información aos órganos fiscalizadores

As entidades beneficiarias estarán obrigadas a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Xunta de Galicia, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Artigo 22. Recursos

As resolucións expresas ou presuntas recaídas en aplicación do disposto nestas bases reguladoras esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer os seguintes recursos:

a) Potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, ou no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise o acto presunto.

Artigo 23. Remisión normativa

Para o non previsto nestas bases será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

missing image file
missing image file
missing image file