Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22242

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Asociación Cultural Camiño de Santiago de Tras Deza no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos.

A Asociación Cultural Camiño de Santiago de Tras Deza presenta una solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 4 de febreiro de 2013.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 14 de maio de 2013 sobre a solicitude en que se constata que a Asociación Cultural Camiño de Santiago de Tras Deza persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso, resolvo que a Asociación Cultural Camiño de Santiago de Tras Deza quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 200.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012; DOG do 8 de febreiro)
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura