Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24304

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de determinados postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de determinados postos de traballo vacantes na Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, mediante Resolución do 20 de marzo de 2013, publicada no DOG do 22 de abril de 2013, e á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, esta directora xerente, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicar ou deixar desertos, de ser o caso, os postos aos solicitantes que se indican no anexo desta resolución.

Os adxudicatarios deberán cesar nas prazas que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 14 de maio de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

1. Posto de traballo: xefa/e de unidade de Atención Primaria (UAP) da Pobra de Trives.

Adxudicataria/o: deserto.

2. Posto de traballo: xefe de unidade de Atención Primaria (UAP) de Barbadás-A Valenzá.

Adxudicatario: Alfonso Patricio Novoa. DNI: 34941335-B.

3. Posto de traballo: xefa de unidade de Atención Primaria (UAP) de Viana do Bolo.

Adxudicataria: María José Crespo Luis. DNI: 09341750-R.