Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2013/085).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (Udesa).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT, CT, RBT Cebreiro.

Situación: concello do Pino.

Características técnicas:

• Reforma da liña de media tensión aérea existente Millares-Quión (expte. IN407A 2002/247) a 20 kV, entre o apoio nº 59 existente e o apoio nº 63 existente da mesma liña, nunha lonxitude de 291 m, con condutor LA-56.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 54 m, con condutor RHZ1-2Ol 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no paso aero-soterrado proxectado que se realizará no apoio nº 62/1 proxectado de tipo HVH-15/2500, que se intercalará na LMT Millares-Quión (expte. N407A 2002/247), e final en paso aero-soterrado que se realizará no mesmo apoio, unha vez entre e saia do novo CT Cebreiro proxectado.

• Centro de transformación (CT) de tipo prefabricado de formigón, 2L+P con transformador de potencia 250 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, que se instalará no lugar do Cebreiro (coordenadas UTM, X: 556.539; Y: 4.748.784), o cal substituirá o CTI Cebreiro existente (IN407A 2003/386); demolerase así mesmo, unha caseta de obra civil existente.

• Rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 72 m, con condutor XZ1-0,6/1 kV 4(1×240) mm2 Al, con orixe no novo CT proxectado, do cal sairán 3 saídas, e final en pasos aero-soterrados proxectados que se realizarán no apoio nº 62 proxectado.

• Rede de baixa tensión áerea, cunha lonxitude de 194 m, con condutor RZ 0,6/1 kV 3×95/54,6 Al, con orixe nos pasos aero-soterrados que se realizarán no apoio nº 62 proxectado e final na rede existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña