Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2013/12-2, 8095 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: alimentación centro de formación dos Peares.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV consistente na substitución do apoio existente na liña PRS809 por un novo.

– LMTS a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado no apoio proxectado na LMT PRS809, entra e sae no CT Zona 3 e remata no CT Zona 2, cunha lonxitude de 545 metros en condutor RHZ1-240.

– CT Zona 2, en edificio compacto de manobra exterior 2L/2P, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230 V.

– CT Zona 3, en edificio prefabricado tipo uniblock 2L/2P, cunha potencia de 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 28 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo