Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 24994

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 10 de xuño de 2013 pola que se clasifica de interese deportivo a Fundación Aros do Miño.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Aros do Miño, con domicilio no Pazo dos Deportes, rúa Fingoy, s/n, en Lugo.

Feitos:

1. Antón Veiga Outeiro, presidente do padroado da Fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Aros do Miño, foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo, o 20 de xullo de 2012, ante o notario José Antonio Caneda Goyanes, co número de protocolo 1.751, por Antón Veiga Outeiro, que actúa en nome e representación da Fundación Deportiva y Social de Galicia, Grupo Breogán e Francisco Giménez Miralles, en nome e representación da Fundación Baloncesto de Galicia, por fusión destas fundacións e a creación dunha nova denominada Fundación Aros do Miño.

Esta escritura foi emendada por outra outorgada tamén en Lugo o 12 de marzo de 2013, ante o mesmo notario, co número de protocolo 534.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto:

– Fomentar a práctica deportiva na sociedade e o deporte de base;

– Fomentar a protección, difusión e promoción do patrimonio e a historia do baloncesto lucense e do baloncesto galego;

– Investigar, difundir e promover métodos e técnicas favorecedoras dunha maior calidade e mellora na xestión e desenvolvemento de entidades que utilicen o deporte como medio de educación ou integración;

– O ensino da actividade deportiva e de lecer, regulada e non regulada;

– Ser un nexo de unión coas empresas e entidades interesadas en fomentar unha cultura de valores, tomando como referencia o deporte e a súa vinculación coa sociedade.

4. O padroado inicial da fundación está formado por Antón Veiga Outeiro como presidente; Mario Outeiro Iglesias como vicepresidente; José Antonio Mourelle Cillero como secretario; María Rosa Abelleira Fernández como tesoureira; José Ferreiro Fernández como vicetesoureiro; e Jesús Armando Lázare Rincón como vogal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese deportivo da Fundación Aros do Miño con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da comisión de secretarios, procede a súa clasificación como de interese deportivo e a súa adscrición á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de interese galego, corresponde a esta Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 4 de xuño de 2013,

DISPOÑO:

Clasificar de interese deportivo a Fundación Aros do Miño, adscribíndoa ao protectorado da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, podendo interpoñerse con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza