Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25241

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bande

ANUNCIO polo que se fai pública a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal deste concello.

O Pleno do Concello de Bande, en sesión extraordinaria que tivo lugar o xoves 23 de maio de 2013, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Bande, redactado pola empresa Hábitat 6, S.L.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, se someta ao trámite de información pública para que se poidan formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licenzas.

O acordo de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal determina por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente e que se recollen expresamente no acordo de aprobación inicial.

Bande, 3 de xuño de 2013

José Antonio Armada Pérez
Alcalde