Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2013 Páx. 25239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 28 de maio de 2013 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2011001156 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01082, LMT, CT, RBT Guimarás. Exp. IN407A 08/84-3 AT. TM Allariz.

Concello: Allariz.

Provincia: Ourense.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. de Ourense.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Asociación de Veciños do Pobo de Guimarás

Asociación de Veciños do Pobo de Guimarás

Asociación de Veciños do Pobo de Guimarás

Asociación de Veciños do Pobo de Guimarás

Asociación de Veciños do Pobo de Guimarás

11.4.2013

11.4.2013

11.4.2013

11.4.2013

11.4.2013

2011001156

2011001157

2011001158

2011001159

2011001160

1

3

4

5

6

270,54

306,28

576,44

533,65

6.938,40