Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de xuño de 2013, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra varios expedientes sancionadores incoados en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00470-O-2012 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras ditadas nos expedientes que se citan no anexo porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

LU-00470-O-2012

3327FFD

Garda Civil 2701 X17237T

Sotrans Bergantiños, S.L.

B70274295

Lg. As Covas, Cances, 30,

15107 Carballo

A Coruña

Exceso nos tempos máximos de condución diaria ata un 20 % (sobre 9 horas). Máis de 9.30 a 10 horas.

26.2.2012; 18.01.00; A6 0529,000

Art. 142.3 LOTT,

Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

350

Desestimado

LU-01238-O-2012

0286-GMR

Garda Civil 2701 V08644T

Berlypan, S.L.

B15561665

Pg. Ind. La Barcala, nave 3, 15679 Cambre

A Coruña

Exceso de peso sobre a mma superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 8 %.

7.6.2012; 8.38.00; N-VI; 543,800

Art. 142.2 LOTT,

Art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

321

Desestimado

(pagado)

OU-00542-O-2012

Garda Civil 3203 W84130E

Transportes Duco, S.L.

B70086293

Vía Isaac Peral, 20-22, Pg. Ind. Tambre,

15890 Santiago de Compostela

A Coruña

Transporte de mercadorías perigosas que a carta de porte presenta a carencia ou o uso incorrecto do número e a descrición dos vultos; ou para a clase 1 a masa neta total do contido de materia explosiva.

22.3.2012; 17.33.00; A-52; 0160,000

Art. 141.24.2 LOTT, Art. 198 ROTT

Art. 143.1.e) LOTT, Art. 201 ROTT

1.001

Inadmisible

OU-00545-O-2012

Garda Civil 3203 W84130E

Transportes Duco, S.L.

B70086293

Vía Isaac Peral, 20-22, Pg. Ind. Tambre,

15890 Santiago de Compostela

A Coruña

Transporte de mercadorías perigosas coa ausencia da información relativa a disposicións particulares, especiais ou adicionais na carta de porte.

22.3.2012; 17.30.00; A-52; 0160,000

Art. 141.24.2 LOTT, Art. 198 ROTT

Art. 143.1.e) LOTT, Art. 201 ROTT

1.001

Desestimado

OU-01346-O-2011

LE-2618-AD

Garda Civil 3201 M30803D

Transportes Salagre, S.L.

B24340663

Urb. Monteleon, Carbajal de la Legua, P 203,

24121 León

Non levar os extintores obrigatorios en relación co vehículo e/ou a carga.

27.10.2011; 13.07.00; A-52; 0267,00

Art. 141.24.7 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

1.001

Desestimado