Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 51/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Manuel Vaamonde Villasenin contra Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 51/2013, se acordou citar a Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, polígono de As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 9 de xullo de 2013, ás 9.35 e 9.40 horas para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderase comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. Fáiselle saber que se encontra á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como copia desta e demais resolucións ditadas no presente procedemento e na peza separada de medidas preventivas 46/2013/0001, que deriva deste procedemento, así como as resolucións e documentos que constan no DSP 295/2013, que resultou acumulado a este en virtude de auto de data do 22 de marzo de 2013.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Sanrent, S.L. e Millarent, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

A secretaria xudicial