María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 257/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gustavo Méndez Tarela contra o empresario José Manuel Casas Señarías, ditouse decreto o 31 de xaneiro de 2012, declarado firme, polo que se declarou a insolvencia provisional parcial do executado José Manuel Casas Señarís pola suma de 11.014,37 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da LXS.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013
A secretaria xudicial