María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 141/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Touceda Freire contra o empresario José Luis López Mella, sobre despedimento, ditouse decreto o 30 de xaneiro de 2013, declarado firme, polo que se declarou a insolvencia provisional total do executado José Luis López Mella pola suma de 13.080,75 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da LXS.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013
A secretaria xudicial