Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2013, da Delegación de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 17 de xullo de 2013, ás 10.00 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

Lote 1. Único

Predio 49.682 N. Tomo 992, libro 553, folio 123. Urbano. Piso primeiro do edificio sito na rúa da Raíña, 5 da cidade de Lugo. Ocupa a superficie construída de cento dez metros cadrados. Ref. catastral 7832010PH1673D0007TX. Titularidade: Xaime da Pena Ceide, con carácter ganancial, por título de compra.

255.122,40

98.976,65

156.145,75

500,00

Lote 2. Único

Turismo marca Mercedes, modelo S320, motor gasolina, nº bastidor WDB2200651A184729. Data de matriculación 23.12.2000, cor negra.

2.700,00 €

Sen cargas

2.700,00

100,00

Lote 3.1

Predio 7.029. Tomo 347, libro 53, folio 63. Rústico. Curro Margarita Lugar Modia, terreo sito no lugar do Vilar, municipio de Guitiriz. Ocupa a superficie de setenta e dúas áreas e cincuenta centiáreas. Titularidade: José Abad Roca, 100 % do pleno dominio, con carácter ganancial.

5.349,00

Sen cargas

5.349,00

200,00

Lote 3.2

Predio 7.029. Tomo 347, libro 53, folio 63. Rústico. Curro Margarita Lugar Modia, terreo sito no lugar do Vilar, municipio de Guitiriz. Ocupa a superficie de setenta e dúas áreas e cincuenta centiáreas. Titularidade: José Abad Roca, 100 % do pleno dominio, con carácter ganancial.

10.206,00

Sen cargas

10.206,00

200,00

Lote 4. Único

Predio 109.964 N. Tomo 1662, libro 1223, folio 40. Rústico. Leira Casa, destinada a labradío secaño e sito en Santiago de Piúgos, municipio de Lugo. Ocupa a superficie de setecentos vinte e oito metros cadrados. Ref. catastral 27900 A 105000540000 SS. Sobre este terreo existe unha nave con anotación preventiva de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística. Lindeiros: norte, Purificación Varela Fraga; sur, Cándida Outeiro Vilar; leste, Sara Otero Sánchez; e oeste, Milagres López Vázquez. Titularidade: José Luis López Madarro, 100 % pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

305,76 €

Sen cargas

305,76

100,00

Lote 5.1

25 % predio 14.045. Tomo 404, libro 182, folio 51. Urbano. Nave industrial, sita no Polígono Industrial de Vilalba, parcela P-36A. Formada por unha soa planta, ten unha superficie total de mil trece metros cadrados e unha superficie ocupada de seiscentos setenta e dous metros cadrados. Ref. catastral 8463511PH0986S0001XA. Titularidade: Cristina García Caneda, 25 % pleno dominio con carácter privativo, por título de adxudicación administrativa.

25 % predio 20.068. Tomo 499, libro 237, folio 197. Urbano. Nave industrial, sita no Polígono Industrial de Vilalba, parcela P-36B. Formada por unha soa planta, ten unha superficie total de mil metros cadrados e unha superficie ocupada de seiscentos setenta e dous metros cadrados. Titularidade: Cristina García Caneda, 25 % do pleno dominio con carácter privativo, por título de adxudicación administrativa.

128.242,80

289.275,69

128.242,80

500,00

Lote 5.2

920 participacións sociais de Limpiezas Secope, S.A. con CIF: A15112634, números 1 ao 920 (ambas as dúas inclusive).

780.877,60

Sen cargas

780.877,60

500,00

Lote 5.3

26.830 participacións sociais de Vértice Alquileres, S.L. con CIF: B27428887, números 80.491 ao 107.320 (ambas as dúas inclusive).

49.367,20

Sen cargas

49.367,20

500,00

Lote 6.1

Dereitos hereditarios que á debedora Marina Fátima Fernández López lle poidan corresponder sobre a herdanza de José Luis Martínez-Illescas Benedicto, falecido o 7 de agosto de 2006. Foron declarados herdeiros; Marina Fátima Fernández López, José Luis Martínez-Illescas Fernández, Alberte Martínez-Illescas Fernández, María Luisa Martínez-Illescas Goldaracena e Leyre Martínez-Illescas Goldaracena segundo declaración de herdeiros con número de protocolo 3.301 do notario Manuel López Cedrón, de Lugo; segundo expediente de sucesións nº 2007/27/000/00148 presentado na Delegación Territorial de Lugo.

713.717,43

Sen cargas

713.717,43

500,00

Lote 6.2

Predio 39.424. Tomo 1362, libro 923, folio 051. Urbano. Vivenda sita na avda. de Madrid, 27-6º C, da cidade de Lugo. Destinada a vivenda de protección oficial de promoción privada, ten unha superficie útil de oitenta e oito metros e noventa e nove decímetros cadrados. Correspóndenlle como anexos: aparcadoiro de vehículo sinalado co número 16 no segundo soto do edificio. Rocho sinalado co número 21 na planta de cuberta ou faiado. Ref. catastral: 8522055 PH 1682 S 0023 GW. Titularidade: Mariña Fátima Fernández López, 100 % pleno dominio con carácter privativo, por título de compra.

129.757,47

73.530,13

56.227,34

500,00

Lote 6.3

50 % predio 14.593. Tomo 1291, libro 163, folio 56. Urbano. Vivenda, no edificio da rúa Fiunchedo, s/n, planta 1ª, porta A, na vila de Sada. Ocupa a superficie construída de 84,33 metros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho en planta de soto sinalado coa letra A. Titularidade: Marina Fátima Fernández López, 1/2 do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

62.835,54

Sen cargas

62.835,54

500,00

Lote 6.4

50 % predio 14.588/GA. Tomo 1328, libro 174, folio 218. Urbano. Praza de garaxe, sinalada coa letra A, no soto do edificio da rúa Fiunchedo s/n, na vila de Sada. Titularidade: Marina Fátima Fernández López, 1/2 do pleno dominio de 1/14 ava parte con carácter privativo por título de compravenda.

4.998,00

Sen cargas

4.998,00

200,00

Lote 7.1

Urbano. Vivenda, sita no lugar de Ferreira 26, parroquia de Paderne, municipio de Castroverde. Ocupa a superficie de cento corenta e catro metros cadrados. Ref. catastral 002101700 PH 36 C 0001 KK. Titularidade: Luis Abuín Ferreiro, 100 % de propiedade.

28.286,69

Sen cargas

28.286,69

200,00

Lote 7.2

Rústico. Agra de Arriba, destinado a uso agrario e sito no municipio de Castroverde. Ocupa a superficie de dous mil seiscentos oitenta e sete metros cadrados. Ref. catastral 27011 A 109000480000 TX. Titularidade: Luis Abuín Ferreiro, 100 % de propiedade.

16.003,00

Sen cargas

16.003,00

200,00

Lote 7.3

Rústico. Castro, destinado a uso agrario e sito no municipio de Castroverde. Ocupa a superficie de douscentos trinta e sete metros cadrados. Ref. catastral 27011A109000900000TS. Titularidade: Luis Abuín Ferreiro, 100 % de propiedade.

1.411,50

Sen cargas

1.411,50

100,00

Lote 7.4

Rústico. Cortiñas, destinado a uso agrario e sito no municipio de Castroverde. Ocupa a superficie de tres mil cento setenta e catro metros cadrados. Ref. catastral 27011 A 110001110000 TB. Titularidade: Luis Abuín Ferreiro, 100 % de propiedade.

16.086,99

Sen cargas

16.086,99

200,00

Lote 7.5

Rústico. Souto, destinado a uso agrario e sito no municipio de Castroverde. Ocupa a superficie de cincocentos vinte e tres metros cadrados. Ref. catastral 27011 A 110001700000 TZ. Titularidade: Luis Abuín Ferreiro, 100 % de propiedade.

2.650,75

Sen cargas

2.650,75

100,00

Lote 7.6

Rústico. Pedreira, destinado a uso agrario e sito no municipio de Castroverde. Ocupa a superficie de douscentos sesenta e tres metros cadrados. Ref. catastral 27011 A 110001850000 TF. Titularidade: Luis Abuín Ferreiro, 100 % de propiedade.

1.332,98

Sen cargas

1.332,98

100,00

Lote 7.7

Rústico. Campa Domingo Ferro, destinado a uso agrario e sito no municipio de Castroverde. Ocupa a superficie de trescentos noventa metros cadrados. Ref. catastral 27011A112001600000TA. Titularidade: Luis Abuín Ferreiro, 100 % de propiedade.

1.049,63

Sen cargas

1.049,63

100,00

Lote 7.8

Rústico. Pena Domingo Raposo, destinado a uso agrario e sito no municipio de Castroverde. Ocupa a superficie de cinco mil cento sesenta e un metros cadrados. Ref. catastral 27011 A 112001930000 TB. Titularidade: Luis Abuín Ferreiro, 100 % de propiedade.

14.553,71

Sen cargas

14.553,71

200,00

Lote 8. Único

Predio 24.079. Tomo 473, libro 219, folio 23. Rústico. Vivenda rural unifamiliar, construída no terreo coñecido como Cubela. Ref. catastral 27065 A 009000940000 FW sita no lugar de Merlos no municipio de Vilalba. Ocupa a superficie total construída de trescentos trinta e nove metros e cincuenta e tres decímetros cadrados repartidos en planta baixa, alta e baixo cuberta. A superficie de parcela ocupada é de cento trinta e sete metros e oitenta e nove decímetros cadrados. Ref. catastral 000500900 PJ 10 E 0001 GT. Titularidade: José Ramón Barro Fernández, 50 % pleno dominio con carácter privativo, por título de agrupación e obra nova.

67.482,74

129.116,56

1.913,86

100,00

Lote 9. Único

Predio 34.961. Tomo 1002, libro 563, folio 51. Urbano. Vivenda sita no edificio da avda. de Madrid, 63, 5º dta. (letra A) da cidade de Lugo. Ten unha superficie útil de cento corenta e tres metros e cincuenta e cinco decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo unha vinte e catro ava parte indivisa do local número 1 do soto 2, vinculada ao garaxe aparcadoiro sinalado co número vinte e un, así como o rocho de uso temporal sito na planta faiado e sinalado co número seis. Ref. catastral: 8522043 PH 1682 S 0021 QM. Titularidade: Juan José Losada Veiga, 100 % pleno dominio, por título de compra.

202.236,00

187.408,78

14.827,22

200,00

Lote 10. Único

Predio 18.195. Tomo 566, libro 127, folio 173. Urbano. Vivenda, sita no edificio da rúa Mariñeiro Chila, 8-1º A, na vila de Foz. Ocupa a superficie útil de sesenta e cinco metros cadrados. Ref. catastral 1359027 PJ 4215 N 0004 AR. Titularidade: Pedro Brañas Veiga, 50 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

30.305,34

58.451,51

952,47

100,00

Lote 11.1

Predio 11.902. Tomo 697, libro 83, folio 191. Urbano. Local comercial sito na avda. de Lugo, 110 baixo, da vila de Monterroso. Ten unha superficie útil de douscentos corenta e oito metros cadrados. Titularidade: Escavacións Outeiro Salgado, S.L., 100 % pleno dominio, por título de compravenda.

117.440,40

152.979,64

14.394,76

200,00

Lote 11.2

Predio 12.940. Tomo 741, libro 92, folio 155. Urbano. Local comercial sito na avda. de Lugo, 110 baixo, da vila de Monterroso. Ten unha superficie útil de cincuenta e sete metros cadrados. Ref. catastral 5887911 NH 9358 N 0019 EP. Titularidade: Escavacións Outeiro Salgado, S.L., 100 % pleno dominio, por título de compravenda.

26.992,35

Sen cargas

26.992,35

200,00

Lote 11.3

Predio 12.941. Tomo 741, libro 92, folio 156. Urbano. Local comercial sito na avda. de Lugo, 110 baixo, da vila de Monterroso. Ten unha superficie útil de corenta metros cadrados, cun alzadeiro enriba da rampla de acceso ao soto, duns quince metros. Ref. catastral 5887911 NH 9358 N 0020 QI. Titularidade: Escavacións Outeiro Salgado, S.L., 100 % pleno dominio, por título de compravenda.

22.092,00

Sen cargas

22.092,00

200,00

Lote 12. Único

Predio 15.714. Tomo 360, libro 139, folio 190. Urbano. Vivenda sita na rúa Diego Pazos, 95 do municipio de Sarria. Ten unha superficie construída de cento dous metros e corenta e un decímetros cadrados así como unha superficie útil de setenta e sete metros e cincuenta e cinco decímetros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho número vinte e un situado na planta soto do edificio. Titularidade: Eduardo López Iglesias, 100 % pleno dominio, con carácter ganancial por título de compravenda.

Terreo 15689/3. Tomo 375, libro 149, folio 190. Urbano. Garaxe designado como praza número 12, sito na rúa Diego Pazos, 95 do municipio de Sarria. Ten unha superficie de trescentos corenta e catro metros e sesenta e cinco decímetros cadrados. Titularidade: Eduardo López Iglesias, 1/90 ava parte indivisa do pleno dominio, con carácter ganancial por título de compravenda.

58.059,58

13.171,23

44.888,35

500,00

Lote 13. Único

50 % das participacións (500) no capital social de Calefaccións Oroza Castro, S.L. CIF: B27214253.

29.551,74

Sen cargas

29.551,74

200,00

Lote 14. Único

Predio 155. Tomo 718, libro 4, folio 103. Edificación. Terreo coñecido como Granda, sito na vila de Burela cunha superficie de catro áreas e trinta centiáreas. Dentro do devandito terreo existe un edificio duns oitenta e cinco metros e cincuenta decímetros cadrados formado por planta soto para garaxe e almacén. Planta baixa cun local comercial, así como catro plantas altas dedicadas a vivenda e unha planta baixo cuberta para rocho. Titularidade: Rehabilitación e Reconstrución Hermanos Riveira, S.L., 100 % pleno dominio con carácter propio, por título de compravenda.

567.798,00

243.360,63

324.437,37

500,00

Lote 15. Único

Predio 32.513. Tomo 765, libro 319, folio 17. Urbano. Vivenda, piso 4º A no edificio da rúa Benito Vicetto, s/n, portal II na vila de Monforte de Lemos. Ocupa a superficie útil de noventa metros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho en planta baixa sinalado co número 19 e a praza de garaxe en entreplanta sinalada con número trinta. Ref. catastral 3186008 PH 2038 N 0039 YW. Titularidade: Mª Carmen Rodríguez Rodríguez, 100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

76.508,50

84.323,29

14.788,61

200,00

Lote 16.1

Predio 1.158. Tomo 281, libro 12, folio 158. Urbano. Vivenda, piso terceiro esquerda sito no edificio da rúa Miguel de Cervantes 21, na vila de Rábade. Ocupa a superficie útil de 105,11 metros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho sito no faiado, sinalado co número cinco. Ref. catastral 2155108 PH 1725 N 0008 EJ. Titularidade: Jaime Vázquez González, 100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

67.798,18

33.209,38

34.588,80

500,00

Lote 16.2

Predio 1.153/7 G. Tomo 464, libro 22, folio 149. Urbano. Praza de garaxe, número 7, na planta (-1) do edificio da rúa Miguel de Cervantes, 21, na vila de Rábade. Titularidade: Jaime Vázquez González, 1/14 ava parte indivisa con carácter ganancial por título de compravenda.

9.000,00

Sen cargas

9.000,00

200,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde, 30 baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorreran polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 19 de xuño de 2013

Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado da Axencia Tributaria de Galicia de Lugo e presidente da mesa