Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de xuño de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do 24 de maio de 2013, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-64/13 por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente Juan Luis Martínez Sieira, e os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución deste procedemento por infracción grave correspóndelle á directora da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da dita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, a resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 12 de xuño de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-64/13.

Denunciada: Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda.

CIF: N0101426E.

Establecemento: Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda.

Domicilio: paseo Fernando II, local 1.

Localidade: Culleredo.

Precepto infrinxido: artigo 110.9 e 110.10 da Lei 7/2011.

Incoación: 24 de maio de 2013.

Sanción: multa de dous mil catrocentos euros (2.400 €).