Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25618

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO polo que se fai pública a apertura dun novo prazo relativo á seguinte licitación (L-1/2013).

Ao terse proporcionado información errónea no perfil do contratante sobre o persoal por subrogar no procedemento aberto con diversos criterios de valoración, para a contratación do servizo de limpeza dos portais, escaleiras e patios exteriores e interiores do grupo de vivendas municipais A Nosa Señora do Carme (L-1/2013), ábrese un novo prazo de quince días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para a presentación de ofertas.

A Coruña, 19 de xuño de 2013

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública