1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: CON-1/2013.
2. Obxecto do contrato: xestión de servizo público de actividades físicas e deportivas mediante modalidade de concesión do Concello da Coruña. Duración: catro anos prorrogables por dous máis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Gasto estimado anual: 658.689,67 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico:
contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 19 de xuño de 2013
P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública