Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25614

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación da escola de emprendemento no barrio de Agra do Orzán (As-30/2013).

1. Entidade adxudicadora: Concello de A Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: As-30/2013.

2. Obxecto do contrato: escola de emprendemento no barrio de Agra do Orzán no marco do programa Urbana C. Duración: doce meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 400.000 € (IVE incluído). Este servizo está financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco da iniciativa Urban do eixe 5 de desenvolvemento local e urbano do Programa operativo rexional de Galicia.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico:
contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública