Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación da rectificación do Plan xeral de ordenación municipal en execución de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión realizada o 27 de maio de 2013, adoptou, por unanimidade, o acordo de:

Primeiro. Aprobar o documento Rectificación do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo. Execución das sentenzas ditadas pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 2ª, cos números 467/07, 471/07, 479/07 e 481/07, elaborado en febreiro de 2013 polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Roberto Aya Duarte e presentado na Xerencia Municipal de Urbanismo o 8 de febreiro de 2013 (rexistro de entrada nº 366).

Segundo. Publicar o acordo de aprobación no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra, e neste último débense publicar, ademais, a memoria e os planos do referido documento técnico.

Terceiro. Remitir este acordo e un exemplar do documento aprobado á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza.

Con data do 4 de xuño de 2013 remitiuse ao Servizo de Urbanismo de Pontevedra, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestuturas, o acordo de aprobación e un exemplar do documento aprobado.

Sanxenxo, 5 de xuño de 2013

Catalina González Bea
Alcaldesa