Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25823

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública relativo a unha actividade de xestión de vehículos ao final da súa vida útil no polígono de Tremoedo.

Santorum & Martínez, S.L., representada por Ventura Santorum Viñas, solicita desta alcaldía licenza municipal para actividade de xestión de vehículos ao final da súa vida útil, no polígono industrial de Tremoedo, parcelas 4-6 e 4-8, Vilanova de Arousa, cunha superficie de 2.084 m2.

Cumprindo o disposto polo punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a valoración da incidencia ambiental, sométese a información pública durante o período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Vilanova de Arousa, 31 de maio de 2013

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde