Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 25998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (260/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 260/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Sesar Segade, se ditou a seguinte resolución:

«Ditamino que debo estimar e estimo a demanda presentada por Marta Sesar Segade e, en consecuencia, condeno solidariamente a Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a aboarlle á demandante 4.354,47 euros máis os xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno a Administración concursal de Grialibros e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución e no caso do Fogasa de conformidade co regulado no artigo 33 do ET.

Absolvo a Abraxas Aula 25, S.L., a Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A. e a entidade Aula Noroeste, S.L. dos pronunciamentos de condena contidos en demanda.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación, que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución.

Lévese testemuño desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Comercial Ara, S.A. e Sálvora Areito, S.A., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013

A secretaria xudicial