Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 25997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1353/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1353/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Serafín Castelao Paramos contra a empresa Marco Obras y Proyectos de Arosa, S.L. y Enrique Seoane Raposo, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo aceptar e acepto a demanda presentada por Serafín Castelao Paramos contra Marco Obras y Proyectos de Arosa, S.L. e Enrique Seoane Raposo, S.L., e condeno solidariamente as demandadas a lle aboar ao demandante 1.557,53 euros, cantidade que deberá incrementarse cos xuros do artigo 29.3 do ET. Non hai lugar para realizar na presente resolución pronunciamento de condena ao Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Enrique Seoane Raposo, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

A secretaria xudicial