Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 25985

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (procedemento divorcio 908/10-P).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María Eugenia Belhot Clavijo, que é beneficiaria de asistencia xurídica gratuíta, contra Marcelo Daniel Canil Quintela, foi ditada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 434.

Vigo, 14 de xullo de 2011.

Vistos por min, Camino Coello Díez, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo e o seu partido xudicial, as presentes actuacións de procedemento de divorcio, seguidas ante este xulgado co número 908-2010 por instancia de Mª Eugenia Belhot Clavijo, representada pola procuradora dos tribunais Marta Suárez Hermo, baixo a dirección letrada de Isabel Gómez Soler, contra Marcelo Daniel Canil Quintela, en situación procesual de rebeldía, e en atención aos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolvo que debo admitir e admito parcialmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Marta Suárez Hermo por instancia de Mª Eugenia Belhot Clavijo contra Marcelo Daniel Canil Quintela, e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído entre os litigantes no 25 de abril de 2003 con todos os efectos legais que esta declaración produce, e acordo:

– A titularidade e exercicio da patria potestade atribúense a ambos os proxenitores conxuntamente e a garda e custodia á nai.

– A atribución do uso da vivenda familiar e dos obxectos de uso ordinario dela atribúense ao fillo Luciano Federico Canil Belhot e á súa nai.

– Con respecto á pensión de alimentos, a favor dos fillos menores e con cargo ao pai, establécese en 180 euros, máis a metade dos gastos extraordinarios. Son gastos extraordinarios os gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social e todos aqueles gastos non ordinarios en que ambos proxenitores estean conformes. A devandita cantidade deberá aboarse por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria designada para o efecto. Esta cantidade deberá revisarse anualmente conforme as variacións que experimente o IPC que para o conxunto nacional total sinale o INE ou organismo que legalmente o substitúa.

– Canto ao réxime de visitas a favor do proxenitor non custodio, establécese con carácter mínimo:

Fins de semana alternos desde as 17.00 horas do venres ata as 20.00 horas do domingo.

Unha visita unha tarde á semana desde as 17.00 horas ata as 20.00 horas.

As vacacións de verán, considerándose como tales os meses de xullo e agosto, fixaranse por metade. En caso de discrepancia, corresponderá ao pai o primeiro período de vacacións os anos impares, e o segundo período os anos pares. Para a determinación do ano par ou impar observarase ao comezo á data inicial das vacacións.

As vacacións de Nadal distribuiranse en dous períodos. O primeiro corresponde desde o primeiro día de vacacións escolares ás 10.00 horas ata as 20.00 horas do 30 de decembro. E o segundo período desde as 20.00 horas do día 30 de decembro ás 20.00 horas do día 6 de xaneiro. En caso de discrepancia, corresponderá ao pai o primeiro período de vacacións os anos impares, e o segundo período os anos pares. Para a determinación do ano par ou impar observarase ao comezo á data inicial das vacacións.

A metade das vacacións de semana santa estarán en compañía do pai. As vacacións de semana santa dividiranse en dous períodos desde as 20.00 horas do venres precedente ao domingo de Ramos ás 20.00 horas do mércores santo e desde as 20.00 horas do mércores santo ás 20.00 horas do domingo de Pascua. En caso de discrepancia, corresponderá ao pai o primeiro período de vacacións os anos impares e o segundo período os anos pares. Para a determinación do ano par ou impar observarase ao comezo á data inicial das vacacións.

Non se fai unha especial imposición canto ás custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se preparará, se é o caso, ante este xulgado, no prazo de cinco días, a partir da súa notificación.

Comuníquese ao Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio, para que proceda á oportuna inscrición marxinal, unha vez que sexa firme a presente resolución. Lévese esta resolución ao libro de sentenzas e autos definitivos e déixese testemuño nas actuacións da sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta, a miña sentenza».

E encontrándose o devandito demandado, Marcelo Daniel Canil Quintela, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 10 de xuño de 2013

A secretaria xudicial